Sonya Belousova, que así se chama esta pianista, compositora e artista con maiúsculas, recrea músicas clásicas de xogos da Nintendo no piano de ouvido, só despois de escoitar a melodía un anaco. Abraiante.

Canal | PlayerPiano

16 músicas de videoxogos nun minuto

Por: Domingo, 26 de Xaneiro de 2014, 18:43 COMENTAR

[Música] Hey Mario!

Por: Luns, 14 de Outubro de 2013, 18:00 COMENTAR

♫ Mario, abre os p**s ollos, meu. Tes que saber que esa princesa non compensa todas as vidas extra. ♫

Fonte | Patent Pending TV

300 persoas aleatorias cantando notas diferentes…

Vía | Geeks are Sexy

Escoita con atención

Por: Domingo, 18 de Novembro de 2012, 19:55 COMENTAR

Por todos é ben sabido que os temas musicais en 8 e 16 bits eran en moitas ocasións composicións complexas que ven poderían ser asinadas polo mesmiño Mozart. E sen esaxerar, por grandes compositores do noso tempo. O que está claro é que estas pezas das que falo non son as típicas melodías para “pasa-lo grolo” por parte dos programadores que ben poderían darse tendo en conta o apartado visual dos xogos da época, que era primario e baixo recursos de hardware limitados. A diferenza entre os gráficos e o son era, nos mellores casos, como o do día e a noite. O malo é que esta calidade musical pasaba desapercibida ou máis ben menosprezada. Sen ir máis lonxe, aos mandos dunha NES levando a Mario polo mundo dos cogomelos, escoitabamos unha doce e harmoniosa musiquiña que acompañaba os brincos e as carreiras do fontaneiro pero que quizais non era ben comprendida en toda a súa magnitude, asemellando, se non lle prestabamos atención dabondo, sons “tintineantes” un detrás doutro sen moita complicación. E tampouco é cousa de criticar ao xogador por iso, pero si que merece que deamos outra oportunidade ao concepto que quero transmitir e vexamos un exemplo práctico. Nesta ocasión, preséntovos un vídeo no que un seguidor dos xogos clásicos  interpreta ao teclado as músicas do xogo Ice Climber, un clásico entre clásicos para a NES de Nintendo. Non o tentedes na casa a non ser que dispoñades de horas e horas para ensaiar.

 

Homenaxe musical ao Mario

Por: Luns, 26 de Setembro de 2011, 14:59 COMENTAR

Xa levamos 30 desfrutando das aventuras do Mario. Tanto? Pois é. E como non podía ser doutro xeito había que conmemorar este ano dalgunha forma. O seguinte vídeo creo que foi a mellor maneira de facelo.

Ao principio poden asustar os 18 minutos de vídeo, mais é que fan un repaso musical por todos os videoxogos do grande Mario. Todos, desde a súa aparición no Donkey Kong até o final.

A máis de un vaille custar coutar esa bagoíña que abrolla con tanto recordo, mais todos somos humanos.

Queredes que chova?

Por: Mércores, 3 de Agosto de 2011, 13:28 COMENTAR

O certo é que teño moitas máis lembranzas do Super Smash Bros. da Nintendo 64 que deste último que sacaron para a Wii. Será porque era máis novo e me chamaba todo máis a atención ou será porque enganchaba máis, a verdade é que tanto me ten, porque o que veño comentar aquí non é nada disto.

Véñovos presentar a interpretación que fai unha coral do tema clásico deste último Super Smash Bros. Emocionante interpretación desta intro que nos recorda as batallas que botamos entre personaxes da Nintendo.

Valve continúa a facer as cousas ben e despois de sacar o Portal 2 (do cal axiña teredes a respectiva análise aquí), agasalla os seguidores deste xogo coa banda sonora completa. E cando falo de completa non falo por falar, xa que se hai uns días nos poñían ao noso dispor un primeiro CD completamente gratuíto con 22 cancións para soñar, desta volta chegan cun segundo volume con 18 tracks que nos farán rememorar os mellores momentos deste delicado e delicioso videoxogo.

Mais non acaba aquí, xa que a propia compañía promete un terceiro álbum para completar a Banda Sonora de Portal 2.

Hai algunha escusa para non as escoitar? Descargar, descomprimir e premer o botón “play” para nos introducirmos de novo, desta volta auditivamente, no sinxelo e fantástico mundo de Portal 2. E por se non quedou moi claro, todos os volumes son de balde.

Descargar a Banda Sonora do Portal 2

O principio poden asustar estos 25 minutos que vos presento aquí, pero asegúrovos que serán os minutos que máis vos farán soñar e recordar de todos os tempos.

Estou falando de case media hora de amor en estado puro, no cal Andrew interpreta maxistralmente auténticos temazos da saga Super Mario.

Temas que vos chegarán á alma, recordos que chamarán pola auga salgada dos ollos e palpitacións vibrantes do corazón.

Pode que estea pecando de sentimentalismo, pero paréceme un enorme agasallo para todos e espero que o desfrutedes tanto como o fixen eu.

The Legend of Zelda – Overworld

Por: Martes, 22 de Febreiro de 2011, 1:44 COMENTAR

Este ano cúmprense 25 anos da creación dunha lenda que perdurará na mente de moitas persoas para toda a vida. Este ano cúmprense vintecinco anos de The Legend of Zelda.

Non me vou parar en dicir obviedades como que é unha das mellores sagas xamáis creadas, pero de qué maneira podo homenaxear a The Legend of Zelda sen caer en palabras baleiras?,pois esquecéndome das palabras e afinando o tímpano.

Deste xeito déixovos a melodía que nunca esqueceremos, a melodía que nos fai vibrar o corazón cada vez que soa, a melodía orixinal de The Legend of Zelda.

Galeoke

Por: Martes, 25 de Xaneiro de 2011, 1:27 COMENTAR

Galeoke é un xogo de PC do tipo SingStar, mais totalmente en galego e con temas galegos. Ben, para sermos exactos é apenas unha versión do xogo de software libre Ultrastar Deluxe traducida ao galego.

Mais a novidade non radica en traducir software libre, senón nas cancións que ofrece. Chegando a un acordo con diferentes selos ofrécenos un total de 16 cancións galegas (e algunha máis descargábel) polo “módico” prezo de 20€. En troca, podemos escoitar cancións tan famosas como… O Nordés d’Os Diplomáticos de Montealto? Galicia Canibal d’Os Resentidos? E 14 máis aínda menos coñecidas? E tendo en conta que entre elas está Como os caranguejos, de Projecto Mourente, que é publicada baixo unha licenza Creative Commons

Non sei, cando escoitei falar do proxecto, hai tempo xa, era diferente. O seu obxectivo era coller música con licenza Creative Commons (como a do vídeo de Youtube de acima) e ofrecela, xunto co programa traducido ao galego, gratis na súa web. E esa idea ilusionoume, pois grupos galegos que emiten con ese tipo de licenza hai abondo (Ataque Escampe, Guezos, Sacha na Horta…). E, aínda que ese proxecto orixinal fose vendido en formato físico, podería valer sobre 10€, e entón… quen se resistiría a compralo?

Enfin, apesar de todo é unha boa compra xa que é o único karaoke deste estilo na nosa lingua. Se o queres comprar podes visitar algún dos puntos de venda. Para máis información visita a súa web: http://galeoke.com/