last-of-us

Penso que Naughty Dog xa se consagrou para a posteridade como desenvolvedora de videoxogos, abonda xirar a cabeza e ver o enorme número de xogos de calidade que ten ás súas costas.

Dentro dun mes chegará ás tendas a súa próxima obra, The Last of Us que promete repetir calidade e éxito. Un dos seus principais artistas, Nate Wells falou sobre este título, concretamente sobre os seu multixogador.

E de verdade, non podo prepararvos para o mellor multixogador xamais creado.

Así de contundente foron as súas palabras. Serán certas? será estratexia de márketing? Nun mesiño sairemos de dúbidas.

diablo3Como era de agardar, Blizzard anunciou que o multixogador do Diablo III da PlayStation 3 e 4 non será compatible coa versión para PC, polo que aqueles que teñades personaxes en Battle.net, non poderedes empregalos na versión para as videoconsolas de Sony.

gears-of-war-judgment
A menos dun mes do lanzamento da nova entrega da saga Gears of War, Epic Games publicou un vídeo ingame cos modos multixogador que estarán dispoñibles.

Assassin’s Creed, esa saga da que non teño peito a pasar ningún xogo polo aborrecidos que me parecen, xa vai polo cuarto título: Revelations.

Sei que até aquí non digo nada novo, mais a Ubisoft acaba de anunciar que este novo videoxogo terá unha Beta multixogador en setembro para todos os usuarios de PS3, que dará comezo o 3 de setembro.

Concretamente irá do 3 ao 11 de setembro e será exclusiva para os membros de Playstation Plus (inxustiza!). A dita beta contará con 9 personaxes, 3 escenarios e 4 modos de xogo (Wanted, Manhunt, Deathmatch e Artifact Assault).

Para aqueles que esperedes este videoxogo recordarvos que sairá o 15 de novembro como somnífero para todos xogo do ano.