O título non é moi descriptivo pero si ilustrativo, porque máis ou menos é o que pensa Sony co seu Move en contraposición do Kinect de Microsoft.

Non é raro que xa comecen as pelexas entre as dúas compañías para defender os seus detectores de movemento (a Nintendo non lle fai falla), e a primeira gran batalla ven referido ao manexo das espadas láser.
Anton Mikhailov, inxeñeiro de Sony non tivo repara ningún en decir que se algún dos xogos que sairán para os dous accesorios fosen similares, a versión de Move sería moito mellor. É normal que defenda o seu aparello, pero ademais aclara que a precisión de Move é tal, que non ten problema ningún en recrear con toda fidelidade (dubido) o manexo de espadas co noso movemento.

E non se queda aquí, porque este señor ten serias dúbidas sobre o correcto funcionamento de Kinect, xa que segundo as súas palabras a demo que puideron probar “estaba moi escriptada e parecía falsa” e ademais «encontra difícil o cómo van facer un sable de luz, porque hai moitas ambigüedades e faise case imposíbel monitorizar e seguir o ángulo das bonecas».

E para darlle o golpe final a Microsoft, remata cun golpe baixo:

“O xogo de sables de luz que realicemos será fodidamente mellor que o de Kinect”

Primeiro asalto rematado, agora falta que se defenda Microsoft e moito me da nos fuciños que non tardaremos en velo, porque o forno xa está quentiño.