Evolution Studios está completamente centrada no seu xogo de condución DriveClub que presentou a semana pasada no evento de Sony, mais despois do éxito que tivo a súa anterior saga de condución extrema, MotorStorm, non nos debemos sorprender se a volvemos ver na PS4 e máis despois das declaracións realizadas pola propia compañía:
“Estamos completamente inmersos no desenvolvemento de DriveClub, pero isto non significa que non vaiamos regresar a MotorStorm nun futuro.”