Estamos acostumados a ver o bo de Mario superar centos de obstáculos que tentan imposibilitar a súa chegada ao castelo, mais tamén estamos acostumados a ver este protagonista perecer no intento.

E como transformar todas estas mortes en arte? Pois este vídeo é o exemplo a seguir. Unha selección de imaxes impecábeis e unha música absolutamente encantadora (por favor, se ides ver este vídeo sen música non o fagades) compoñen unha curtamentraxe que aqueles melancólicos coma min agradecerán eternamente.

Estou a exaxerar? Pode ser, pero correxídeme despois de velo.

A morte dos fantasmas de Pacman

Por: Mércores, 10 de Novembro de 2010, 13:30 COMENTAR

Levan anos e anos correndo por centos de laberintos en busca dun bola amarela,pero desta volta non conseguiron atopar esta meta, e ao final destos laberintos, Blinky, Pinky, Inky e Clyde atopáronse con esto: