Non foi sen tempo a chegada do Mortal Kombat X ás nosas casas. A veterana saga de loita entra na nova xeración con moi boas sensacións entre os fans e os non iniciados. Contando con numerosas entregas na súa historia, a serie creada por Ed Boon e John Tobias en 1992 chega con xa 23 anos nas súas costas e segue a mover moreas de xente ás tendas con cada novo xogo que sae á luz.
Tradicionalmente, o feito que fai resaltar MK por enriba doutras sagas do mesmo xénero é os FATALITIES, unhas accións predefinidas e de corte moi sanguento que serven para executar ó inimigo e dar por rematada unha loita.
Coma sempre, para os que aínda non podemos desfrutar do xogo completo, temos a moita xente recompilando todos estes Fatalities en video para que poidamos ateigar a nosa curiosidade. Sen más, vos deixo cunha destas recompilacións e recomendovos coma sempre facervos con el en canto poidades.
Podes comprobar os prezos nas distintas plataformas en Otogami