Mortal Kombat X

Non foi sen tempo a chegada do Mortal Kombat X ás nosas casas. A veterana saga de loita entra na nova xeración con moi boas sensacións entre os fans e os non iniciados. Contando con numerosas entregas na súa historia, a serie creada por Ed Boon e John Tobias en 1992 chega con xa 23 anos nas súas costas e segue a mover moreas de xente ás tendas con cada novo xogo que sae á luz.

Tradicionalmente, o feito que fai resaltar MK por enriba doutras sagas do mesmo xénero é os FATALITIES, unhas accións predefinidas e de corte moi sanguento que serven para executar ó inimigo e dar por rematada unha loita.

Coma sempre, para os que aínda non podemos desfrutar do xogo completo, temos a moita xente recompilando todos estes Fatalities en video para que poidamos ateigar a nosa curiosidade. Sen más, vos deixo cunha destas recompilacións e recomendovos coma sempre facervos con el en canto poidades.

Podes comprobar os prezos nas distintas plataformas en Otogami

mando-mortal-kombat

A empresa PDP mostrou no CES 2015 o seu mando para a nova entrega da saga de loita, que será o oficial para Mortal Kombat X.

Este mando, que podedes ver na imaxe, ten como principal novidade o feito de non ter control analóxico, pero ó mesmo tempo dispor de 6 botóns, que de seguro que axudan a facer as combinacións nos xogos do xénero.

É de destacar que o control poderá usarse nas consolas por pares dependendo do fabricante, elexindo a que estaremos a usar cunha palanca na parte inferior para seleccionar Xbox One ou Xbox 360 e PS3 ou PS4.