A prestixiosa Web norteamericana IGN, propiedade de News Corporation, repasa nestes días nunha reportaxe titánica os que ao seu entender son os 100 mellores momentos da historia dos videoxogos, dentro do seu habitual formato de listas centenarias.

A lista analiza mais de 30 anos de historia para lembrar momentos tan dispares cronolóxica e conceptualmente coma o encontro de Pac-Man e Mrs Pac-Man, escoller o noso primeiro Pokemon en Game Boy, ou cortarnos o dedo nunha dura escena do thriller adulto Heavy Rain de PS3. Así até 100 momentos memorábeis (dentro da subxectividade xornalística), que se ben serán cuestionados na orde ou relevancia por moitos xogadores, serven coma un entrañábel repaso de pasaxes e situacións convertidas en mito polos usuarios nas últimas décadas.

Se podedes dispoñer do anaco que require, dádevos o pequeno pracer de ir pasando un a un por estes 100 petiscos de historia do medio accedendo á reportaxe na Web californiana dende esta dirección, unha viaxe especialmente recomendábel para quen domine o inglés.