mow-modtool
A compañía Eversim acaba de poñer á venda a ferramenta de modificación (máis coñecida como “Modding Tool”) para o seu xogo «Geo-Political Simulator 3: Masters of the world».

Con esta ferramenta, o usuario poderá modificar os datos económicos, demográficos, etc. de cada país, crear os seus propios escenarios e misións dentro do xogo que poderá compartir cos demáis e moitas cousas máis.

Lanzado o pasado febreiro, é un coñecido simulador político no que o xogador toma o mando dun país cun obxectivo fixado en certas misións ou total liberdade de acción para tomar as decisións que considere oportunas para crear unha ditadura ou levar a democracia ao país. Se ben a saga conta con moi boas característas para ser un bo xogo, tamén é moi coñecido pola enorme cantidade de “bugs” con que contan todas e cada unha das súas entregas, ata o punto de chegar a facerse inxogable, algo pouco permisible, se temos en conta o prezo da última entrega, de 49,95 € (como mínimo, se non escollemos o “servizo de descarga extendido” e o envío dunha copia física do xogo).

O prezo desta ferramenta de modificación é de 14,95 € (máis 3,95 € se escollemos o “servizo de descarga extendido”) e está dispoñible na súa páxina web.