the-elder-scrolls-online
Para celebrar o lanzamento ese pasado venres, 4 de abril das versións para PC e Mac do seu novo MMORPG «The Elder Scrolls: Online», a compañía Bethesda ven de publicar un novo tráiler cinematográfico.

“Estamos moi agradecidos coa abrumadora resposta con The Elder Scrolls Online.”

“Con máis de cinco millóns de xogadores rexistrados para a versión beta, está claro que un enorme número de fans queren experimentar todo o que o xogo ten que ofrecer. Non poderiamos estar máis ansiosos para poñelo nas mans de todo o mundo.”

As versións para PlayStation 4 e Xbox One están previstas para o vindeiro mes de xuño. Nestas versións para videoconsola, na videoconsola de Sony non será necesario ter unha subscrición PS Plus, mentres que na de Microsoft si será preciso ter unha subscrición Xbox Live Gold, ademáis da correspondente subscrición propia do xogo, obrigatoria en calquera das súas versións, claro.

Máis información na páxina oficial.

the-elder-scrolls-online
A compañía Bethesda anunciou como data oficial de lanzamento do seu agardado MMORPG «The Elder Scrolls: Online» o vindeiro 4 de abril de 2014 nas súas versións para PC e Mac, mentres que nas versións para PlayStation 4 e Xbox One haberá que agardar ata xuño de 2014.

O director do xogo, Matt Firor comentou:

“A creación do xogo vai moi ben.”

“Xa completamos a maioría dos sistemas do xogo e estamos a centrarnos en facer deste Elder Scrolls o xogo que agardades: pulindo as centos e centos de horas de contido, facendo os combates máis entretidos, arranxando erros nas búsquedas e moito, moito máis.”

Sobre o lanzamento dous meses máis tarde para as consolas comentou:

“A demanda mundial de «The Elder Scrolls: Online» é extraordinariamente alta. Isto supón que necesitamos facer un lanzamento escalonado das diferentes versións do xogo e evitar a sobrecarga inicial dos servidores e asegurar unha experiencia de xogo agradable.”

“Non é só un xogo o que vamos lanzar, é un gran servizo en liña e a nosa primeira prioridade é asegurar un lanzamento estable e sen problemas para todo o mundo.”

Ademáis do anuncio da data de lanzamento, tamén publicaron este novo tráiler, no que podemos ver “centos de xogadores loitando uns contra os outros”.

wow
Pese a seguir sendo líder indiscutible no seu campo, o MMORPG creado por Blizzard segue en decadencia e no segundo trimestre de 2013 perdeu uns 600.000 subscritores, polo que a crifa de usuarios queda nos 7,7 millóns. Malos datos se temos en conta que no primeiro trimestre eran 8,3 millóns os usuarios e 9,6 millóns no trimestre anterior.

Recentemente a compañía introducíu unha nova tenda no xogo na que os xogadores poden mercar diversos obxectos mediante microtransaccións.

Por outra banda, Blizzard confirmou que xa está a traballar nun novo MMO, co nome en clave de Titan, previsto para 2016.