swtor

 O MMO de Bioware engade hoxe unha importante cantidade de novos contidos. Entre eles chéganos unha nova área de misións diarias para xogadores de nivel 55 na misteriosa paisaxe de Oricon, onde deberemos enfrontarnos a un inimigo común a república e imperio; os Dread Masters.

Chégannos tamén duas novas operacións e novas areas PvP, unha nova organización na que gañar reputación e premios para cada bando, novas armaduras, monturas e vehículos, etc. Ligadas a esta actualización hai tamén unha grande cantidade de pequenas modificacións e engadidos a cada clase que poden ser consultadas íngramente na páxina oficial.

“The Dread War” preséntanos pois novos retos e áreas cos que alongar o interese dun título que volveu achegarse aos dous millóns de xogadores dende o seu paso á formula Free to Play, e que ofrece o interesante sistema de diálogos e inclinacións morais de Bioware. Iso si, en perfecto inglés.

the-elder-scrolls-online
Como xa vos informamos hai un tempo, a compañía Bethesda está a traballar arreo no seu MMO «Elder Scrolls Online» que agarda ter listo para o seu lanzamento o ano que ven.

Este novo MMO requerirá dunha subscrición mensual para poder xogalo e estará dispoñible para Mac, PC, PlayStation 4 e Xbox One. É precisamente nestas dúas últimas onde se poderían atopar co recelo de moitos usuarios se, ademáis da cota mensual do MMO, teñen que pagar tamén a subscrición a PS Plus e Xbox Live, respectivamente. É por iso que a compañía está a negociar tanto con Sony como Microsoft para que os usuarios que soamente queiran xogar online ao «The Elder Scrolls Online», non se vexan obrigados a ter que pagar dúas cotas.

Sobre as negociacións con Microsoft, comentaron recentemente:

“Estivemos a falar con Microsoft do tema e vendo se é posible cambiar a súa mentalidade para aqueles usuarios que soamente queiran xogar a The Elder Scrolls Online e non queiran pagar unha subscrición a Xbox Live só para xogar a Elder Scrolls Online.”

“A resposta agora mesmo é que esa é a forma como funciona, pero somos conscientes e seguimos presionando, para ver se se pode facer algo.”

A situación é a mesma no caso da videoconsola de Sony, a pesares de que MMO’s como o DC Universe Online non requerirá unha subscrición a PlayStation Plus.

Polo de agora, descoñécese o prezo que terá a subscrición mensual do «The Elder Scrolls Online».

the-elder-scrolls-online

ZeniMax Online Studios aínda non confirmou o día exacto de lanzamento do esperado The Elder Scroll Online, mais o que si confirmou é que despois do lanzamento o títulos terá frecuentemente DLCs a súa disposición, segundo eles, “porque sempre hai algo novo á volta da esquina”.

Estas foron as palabras do director do proxecto, Paul Sage, que se amosou partidario dos DLCs:

Vemos todo o que hai no mercado, pero eu son un gran defensor persoal de asegurarnos manter unha alta frecuencia de emisións de contidos. É unha gran parte dos nosos plans de futuro para o xogo.

Sempre queremos asegurarnos de que hai algo novo á volta da esquina. Queremos que a xente estea realmente no xogo e chegue a experimentar cousas novas. Vamos a ter unha gran cantidade de cousas no lanzamento, pero sei que os xogadores son incríbeis na súa capacidade para desenmarañar todo de maneira rápida.

O director amósase positivo á hora de valorar a opinión dos seus xogadores con esta decisión, pero non o saberemos con certeza até a prmeira metade de 2014, data de lanzamento de The Elder Scroll Online.

wow
Pese a seguir sendo líder indiscutible no seu campo, o MMORPG creado por Blizzard segue en decadencia e no segundo trimestre de 2013 perdeu uns 600.000 subscritores, polo que a crifa de usuarios queda nos 7,7 millóns. Malos datos se temos en conta que no primeiro trimestre eran 8,3 millóns os usuarios e 9,6 millóns no trimestre anterior.

Recentemente a compañía introducíu unha nova tenda no xogo na que os xogadores poden mercar diversos obxectos mediante microtransaccións.

Por outra banda, Blizzard confirmou que xa está a traballar nun novo MMO, co nome en clave de Titan, previsto para 2016.

the-crew-logo
O pasado E3, a compañía Ubisoft presentou este MMO de condución como o xogo máis grande endexamáis feito, cun mapa que era os propios Estados Unidos. Todos pensamos que sería a típica esaxeración por parte do creador, pero segundo os datos que van publicando, o xogo terá máis de 10.000 quilómetros de estradas, algo realmente impresionante. O que non queda de todo claro é se nesa cifra tamén inclúen os camiños de terra que puidemos ver no tráiler, pero mesmo así, chama a atención o impresionante tamaño que terá.

O videoxogo estará dividido en 5 rexións diferentes que se irán desbloqueando segundo se avance no xogo, así como novos coches e características. Outra característica que chama a atención é que non haberá límite de xogadores nunha sesión multixogador.

O seu lanzamento está previsto para 2014 en PC, PS4 e Xbox One.

Os piratas chegan a Guild Wars 2

Por: Mércores, 26 de Xuño de 2013, 15:35 COMENTAR

92006New-Aetherblade-Armor-Skins

Os usuarios do xenial MMO gratuito de ArenaNet están de noraboa pola nova actualización do xogo, que trae da man varias novidades.

En primeiro lugar hai unha nova mazmorra de historia. Trátase dun reto moi esixente que nos medirá aos piratas filoetéreos e á súa lexendaria capitana. Nesta e nas demais localizacións atópanse agora maior variedade de premios e trofeos.

O xogo tamén benefíciase agora dun importante reaxuste de habilidades, que pretende equilibralas e redeseñar aquelas que eran mais impopulares para os usuarios. Outro dato importante é que as areas PvP persoalizadas e mais o modo espectador deixan de ser beta.

A actualización chega ademais acompañada dunha nova novela sobre o universo do xogo; “Guild Wars: Sea of sorrows”, terceira novela orixinal de GW, escrita por Ree Soesbee, deseñador narrativo do xogo.

Bethesda non quere deixar pasar o éxito rotundo da quinta entrega da súa saga de rol e fantasía épica, e aproveitando a radiante estela de Skyrim darán o salto no próximo ano ao saturado mercado dos multixogador online, no que agardan facerse con parte da súa explotada base de xogadores.

Confirmase así unha nova sobre a que se viña especulando nos últimos días, colectando opinións encontradas entre os fans da que ´e unha das mais iconográficas sagas de rol occidental offline.

Entre o poucos datos confirmados, sabemos que poderemos percorrer o universo The Elder Scrolls nuns sucesos ambientados mil anos antes do visto en Skyrim e que nos enfrontaran de novo aos daedra, concretamente ao príncipe daedra Molag Bal, que terá o habitual proxecto malvado de dominar o mundo.

Ao mesmo tempo chegan novas sobre o propio quinto capitulo da saga TES, que recibira o seu primeiro contido para descarga nun DLC do que moi pouco se sabe aínda, mais aló de que incluirá argumento relacionado cos elfos das neves, a misteriosa raza elfica que aparecía no xogo extinguida ao ter dexenerado baixo terra nos desagradábeis falmer.

Non hai datas de lanzamento, pero sábese que o DLC chegara meses antes que o MMO, que non estará nas tendas ate ben entrado 2013.