2K Games cancela a saga «MLB 2K»

Por: Mércores, 8 de Xaneiro de 2014, 14:00 COMENTAR

mlb2k13
A compañía 2K Games ven de anunciar que cancelan a saga de béisbol MLB 2K, polo que o MLB 2K13 será o derradeiro xogo.

“Decidimos non renovar a saga MLB 2K para 2014.”

“Estamos moi orgullosos dos logros acadados polo equipo responsable de MLB 2K e agardamos con interese as súas contribucións aos nosos futuros títulos, incluíndo NBA 2K, a franquía de baloncesto mellor valorada pola industria e a que máis copias vende.”

A compañía eliminou da súa páxina web toda mención á saga de béisbol, polo que todo parece indicar que o contrato de licencia remataba o día 31 de decembro.

Despois do sorpresivo lanzamento do MLB 2K13 o pasado marzo, esta última entrega recibíu numerosas críticas, pois básicamente era un MLB 2K12 cunha actualización dos elencos de xogadores dos equipos.

Esta cancelación deixa a MLB 14: The Show como único xogo da liga americana de béisbol anunciado para este 2014 para as consolas de Sony, deixando sen alternativas aos xogadores de Xbox 360 e Xbox One.