might-and-magic-x
Tal e como vos anunciabamos fai uns días, Ubisoft ven de confirmar que Limbic Entertainment está desenrolando «Might & Magic X: Legacy».

“A raíz dos espectaculares acontecementos en «Might & Magic Heroes VI», xogarás cun grupo de catro aventureiros emarañado en intrigas e maquinacións políticas que se desdobran en torno a Karthal. A cidade, á beira da secesión, é presa de faccións rivais disputan o seu control. As túas accións han determinar o destino da cidade.

“Crear e liderar o teu grupo nun mundo excitante e poderosas criaturas míticas de batalla durante a obtención de antigos tesouros máxicos. A través dun sistema de batalla por turnos, derrota criaturas e xefes para realizar as misións orixinais e facer o teu camiño a través de perigosos escenarios, cidades e labirintos cheos de trampas. Sumérxete no poder de Might & Magic e xogar ao estilo vella escola con novas regras.”

Esta será a primeira entrega da saga principal dende que en 2002 se publicara Might & Magic IX. Ubisoft tamén publicou en 2009 un spin-off para a Nintendo DS titulado Might & Magic: Clash of Heroes, que recentemente foi confirmado para iOS.

Máis información na páxina oficial.

might-and-magic-xPolo que se pode ver nunha imaxe na páxina oficial do videoxogo, todo parece indicar que a compañía Ubisoft podería anunciar o Might and Magic X a vindeira fin de semana durante a celebración do PAX East, en Boston.

Esta popular saga de rol, de moito éxito a comezos dos anos 90, chegaría así á súa décima entrega, despois de algo máis de dez anos sen novidades dende que en 2002 saíra á venda o Might and Magic IX (Writ of Fate).