«Games with Gold» de agosto

Por: Mércores, 31 de Xullo de 2013, 22:00 COMENTAR

games-with-gold
A partir de mañá e ata o vindeiro 15 de agosto, os membros Gold de Xbox Live poderán descargar gratuitamente o videoxogo Crackdown, dentro da promoción «Games with Gold», coa que Microsoft está a agasallar ata decembro aos seus usuarios con dous xogos cada mes.

Na segunda quincena do mes, o xogo elixido por Microsoft é o Dead Rising 2, e incluso melloran a oferta incluíndo tamén o Dead Rising 2: Case Zero, precuela desta segunda entrega da saga de zombies.

Gamescom, conferencias e horarios

Por: Sábado, 27 de Xullo de 2013, 13:00 COMENTAR

gamescom-2013
Dentro de pouco máis dun mes, entre o 21 e 25 de agosto, terá lugar en Colonia (Alemaña) a exposición Gamescom e pouco a pouco vanse coñecendo as compañías que darán as conferencias previas e os horarios das mesmas.

  • Electronic Arts: martes, 20 de agosto, ás 16:00 h.
  • Sony: martes, 20 de agosto, ás 19:00 h.
  • Microsoft: martes, 20 de agosto, hora sen confirmar.

Por outra banda, tamén destacan as anunciadas ausencias de compañías que non acudirán á cita xermana, como Ubisoft ou Capcom. Ésta última agárdase que si acuda á Tokyo Game Show, que comeza o 19 de setembro.

Máis información na páxina oficial do evento.

zynga
A compañía Zynga ven de publicar os resultados do segundo trimestre de 2013 e os datos non son nada bos.

Se comparamos as cifras coas do ano pasado, perderon case a metade de usuarios activos, con 39 millóns neste período de 2013, fronte aos 72 millóns de usuarios no mesmo período de 2012. En canto aos datos económicos ingresaron 231 millóns de dólares, un 31 por cento menos, que supoñen unhas perdas netas de 16 millóns de dólares.

Corren malos tempos para a compañía e veremos se a súa última fichaxe e novo CEO, Don Mattrick, é capaz de mellorar os datos dunha compañía que parece que vai a pique.

ps4 dual
Se antonte saía a nova de que Xbox One gravará automáticamente os últimos 5 minutos de xogo, dende Sony non quixeron quedar atrás e apresuráronse a anunciar que a PlayStation 4 gravará automáticamente os últimos 15 minutos de xogo e permitirá aos usuarios compartilo fácilmente cos seus amigos mediante o botón “Share” do novo mando DualShock 4 a través da páxina Ustream.tv.

Esta función xa era coñecida despois de que a comezos de mes Neil Brown, xefe da división de I+D de Sony Europa, afirmara nunhas declaracións que a PlayStation 4 empregará un codificador por hardware específico para capturar automáticamente “varios minutos” de xogo.

xbox one one
Tal como confirmou Ken Lobb, director creativo de Microsoft Game Studios nunha entrevista durante a presentación da nova entrega do Killer Instinct na Comic Con de San Diego, a Xbox One gravará automáticamente os últimos 5 minutos de xogo no disco duro da videoconsola, función á que lle deron o nome de Project Upload.

“Déixame darche dous exemplos: Estás a xogar online e acabas de facer o teu mellor combo. Como estás xogando online non podes pausear a partida. Simplemente tes que dicir “Xbox, grava iso” e automáticamente gardará os últimos 30 segundos para que o poidas ver máis tarde.
Agora imaxina que non estás a xogar online e fas o teu mellor combo. Podes rematar esa pelexa e escoller dentro dos últimos 5 minutos de xogo e coller 10 segundos de aquí, 30 segundos de alá e ese ultra-combo
Incluso poderás poñer voz ao video e poñer un pequeno cadro coa captura da cámara do Kinect.”

julie

Despois de que Don Mattrick abandonase Xbox para traballar en Zynga, alguén tiña que ocupar ese posto, e a elexida foi Julie Larson-Green.

Deste xeito pasa de ser a directora da división Windows a ser a responsábel de Xbox.

Sony «trolleando» a Microsoft

Por: Xoves, 11 de Xullo de 2013, 16:00 COMENTAR

sony-troll

Nós tamén lanzamos a “One”… hai 13 anos

Vía | Imgur.com

xbox-live-currency
Tal e como vos informabamos hai uns días, Microsoft estaba buscando xente que probase a que será a nova versión de Xbox Live.

A pesar do contrato de confidencialidade que os usuarios tiñan que firmar, non tardou en comezar a polémica na rede.
Unha das principais novidades desta actualización, como xa anunciaran no pasado E3, será a desaparición dos Microsoft Points (MSP), que serán reemprazados pola moeda local do usuario. En principio, queda moi bonito, non tes que andar a calcular a canto equivalen ‘X’ MSP cando mercas un xogo, un DLC ou o que sexa. O problema ven cando se fai o cálculo real do antes e o despois.

Actualmente, nas tendas oficiais, cada MSP custa 0,12 €. Así, 800 MSP custan 9,60 €, 1.200 MSP custan 14,40 €, etc. Segundo os prezos que aparecen na nova versión, agora subirán un pouco e os xogos pasarán a custar 9,99 € (+0,39 €) e 14,99 € (+0,59 €).
Tal e como se plantexa a cousa, podería darse o caso que vaias a unha tenda e, por poñer un exemplo, merques unha tarxeta para descargar o novo DLC “Call of Duty Black Ops II: Vengeance” que engadirá os 1.200 MSP necesarios á túa conta. Despois da actualización e conversión deses MSP, comprobarás que o teu saldo non é suficiente para mercar o DLC.

Dende Microsoft, xa se apresuraron a dicir que foi un erro non intencionado e prometen reembolsar aos usuarios que pagaron ese sobreprezo.

Os que actualmente tedes saldo de MSP na vosa conta, non vos preocupedes que non os perderedes: faran a conversión e teredes o saldo na vosa moeda local.

san-diego-comic-con
Segundo confirmou Microsoft, os visitantes da Comic Con de San Diego poderán ter a primeira toma de contacto coa súa vindeira videoconsola, a Xbox One.

A exposición, que terá lugar entre os vindeiros 18 e 21 de xullo, contará cun stand de Xbox, onde todo aquel que o desexe poderá probar xogos como o «Ryse: Son of Rome», «Killer Instinct» ou «Dead Rising 3», entre outros.

Ademáis, a compañía de Redmond dará dúas conferencias dunha hora de duración, sobre a creación dos universos da saga «Halo» e como conseguiron recrear o Imperio Romano no «Ryse: Son of Rome» para Xbox One.

summer-of-arcade-2013
Como cada ano, Microsoft lanzará a promoción de rebaixas «Summer of Arcade» en agosto nos seguintes catro títulos de Xbox Live Arcade:

  • «Brothers: a Tale of two Sons» (505 Games), o 7 de agosto por 1.200 Microsoft Points.
  • «Charlie Murder» (Microsoft Studios), o 14 de agosto por 800 Microsoft Points.
  • «Flashback» (Ubisoft), o 21 de agosto por 800 Microsoft Points.
  • «Teenage Mutant Ninja Turtles: Out of the Shadows» (Activision), o 28 de agosto por 1.200 Microsoft Points.

Ademáis, ao mercar dous xogos calquera dos anteriores, recibirás «Souls Pack for Ascend: Hand of Kul» de balde.

don-mattrick
Don Mattrick, ata fai pouco director da división de entretemento de Microsoft e agora novo CEO de Zynga, tentou que os de Redmond mercasen a compañía de xogos sociais.

En 2010, Mattrick negociou co seu fundador, Mark Pincus, a compra da compañía creadora de xogos tan coñecidos como o FarmVille, mais parece que agora as negociacións enfriáronse debido as malas cifras económicas da compañía tanto pola caída no número de xogadores, como no valor das súas accións en bolsa.

Éste é un dos retos máis importantes que afronta Mattrick no seu novo posto: relanzar a que no seu momento foi a maior creadora de xogos para a rede social Facebook, pero que recentemente cedeu ese posto a King.com, creadora, entre outros moitos do popular Candy Crush Saga.

Veremos se Don é capaz de gañarse o cuantioso soldo de algo máis de 19 millóns de dólares que recentemente se fixo público que gañaría.

xboxone

O presidente de Microsoft no Xapón, Yasuyuki Higuchi, realizou unhas declaracións sobre a relación entre Xbox One no mercado xaponés e recoñece que tal e como está agora mesmo a consola, vai ser difícil que se integre no mercado nipón.

Xbox One está orientada ao estilo de vida occidental e estamos pensando se lanzala ou non “tal e como está” en Xapón. Estamos tratando imaxinar como afrontar este problema con detalles como música e os servizos de vídeo de cada país. Sendo honestos, en lanzalo en Xapón tal e como estamos pensando será difícil.

Continuou da seguinte maneira, suxerindo algunhas das solucións:

Temos que preparar contidos que sexan relevantes para Xapón e preguntarnos o que será mellor e a que responderán positivamente os consumidores xaponeses. Nestes momentos estamos considerandos estas cuestións.

Personalmente opino que se nas anteriores consolas de Microsoft xa tivo inmensos problemas para integrar a súa máquina no país nipón, coa Xbox One, o problema imcrementarase, porque se polo que parece nin sequera os países occidentais están completamente contentos con esta consola (ou así é a impresión que dan), xa non digamos nun país no que os xogadores teñen unhas formas e gustos de xogos moi “de seu”.