«Games with Gold» de decembro

Por: Mércores, 27 de Novembro de 2013, 17:00 COMENTAR

games-with-gold-decembro
Dende o vindeiro 1 de decembro e ata o 15 dese mes, Microsoft ofrecerá de balde a todos os membros Gold de Xbox Live, dentro da promoción Games with Gold (coa que agasalla dous xogos ao mes aos seus membros de pago), un dos grandes éxitos do ano 2006: o «Gears of War».

Na segunda quincena do mes, ofrecerán o xogo arcade «Shoot Many Robots», publicado en febreiro de 2012.

Xbox One 1
Pouco despois do seu lanzamento o pasado 22 de novembro, moitos usuarios queixábanse de que nas súas consolas non funcionaban os xogos en formato disco.

Para arranxar o problema, Microsoft enviaralle unha nova consola aos usuarios e, para mellorar o tempo de espera, poderán descargar de balde na consola defectuosa unha copia dixital dun xogo, entre os que se inclúen: Dead Rising 3, Forza Motorsport 5, Ryse: Son of Rome e Zoo Tycoon.

“Mentres enviamos a nova consola, queremonos asegurar de que os nosos usuarios poidan seguir xogando.”

“Imos ofrecerlle a cada un deles unha descarga dixital gratuíta dun dos títulos de lanzamento publicado por Microsoft Studios.”

Xbox One
Despois de 24 horas á venda, xa se levan vendidas máis de 1 millón de videoconsolas Xbox One, segundo afirma a propia Microsoft.

Xbox One, enviada antes de tempo

Por: Luns, 11 de Novembro de 2013, 11:00 COMENTAR

xbox one disco duro
Polo menos dous usuarios da tenda Target xa recibiron nas súas casas a nova videoconsola de Microsoft e fálase de que esta cifra podería chegar aos 100 casos.

Un dos usuarios decidíu subir un vídeo a YouTube desempaquetando a videoconsola e amosando o contido da caixa. Aínda que o vídeo foi eliminado nun primeiro momento por unha reclamación da propia Microsoft, volveu a subilo e, polo de agora segue a estar dispoñible. Aquí o tedes:

Pese a obter a consola lexítimamente, a consola foi expulsada dos sistemas en liña de Microsoft, aínda que dende a compañía xa se apuraron a afirmar que “fose o que fose o que pasou, non será permanente. Podo afirmalo cun 100% de seguridade”, tal e como comentou o propio Larry Hryb.

Segundo este usuario, a primeira descarga obrigatoria ocupa uns 500 MB e xa hai dispoñibles varios xogos na tenda dixital, como o Call of Duty: Ghosts ou o Lococycle.

O outro usuario, nada máis recibila, decidíu subastala en eBay, cun prezo de saída de 999 dólares (uns 783 Euros), pero chegou a acadar os 10.000 dólares (uns 7.840 Euros) antes de ser cancelada por petición da propia compañía.

Dende a cadea de tendas Target comentaron que esas consolas foron enviadas antes de tempo por un erro do sistema e que a cifra podería chegar ás 150 consolas, mais afirman que non foi un envío masivo.

Nun comunicado oficial, Microsoft afirmou que restrinxirá o acceso aos servizos en liña a todas as videoconsolas que se conecten antes do día de lanzamento oficial. Suponse que ese bloqueo será levantado o mesmo día de lanzamento, mais cos de Redmond, calquera sabe…

ryse_sons_of_rome-006
Microsoft publicou dous novos vídeos de «Ryse: Son of Rome».

O primeiro é o anuncio para televisión e céntrase na historia do protagonista do xogo, Marius Titus. O segundo vídeo é un breve documental centrado na creación das armas e armaduras do xogo.

«Ryse: Son of Rome» é un dos 23 títulos de lanzamento da Xbox One.

Novo vídeo do «Forza 5»

Por: Luns, 28 de Outubro de 2013, 16:30 COMENTAR

fm5
Turn10 publicou un novo vídeo ingame do Forza Motorsport 5. Nesta nova entrega, podemos ver ao xogador aos mandos dun Ferrari F12 Berlinetta ao redor do mítico trazado belga de Spa-Francorchamps.

Estará dispoñible dende o 22 de novembro, en exclusiva para a Xbox One.

xbox one disco duro

Aínda que polo que parece PS4 leva certa vantaxe sobre a súa competidora Xbox One, un grupo de analistas, concretamente a firma Baird Research, consideran que a consola de Microsoft venderá máis unidades que Playstation 4 neste Nadal.

O portavoz deste grupo, Colin Sebastian sinala:

A pesar de que outras estimacións dan certa vantaxe á PS4 en Nortamérica, nós agardamos un rendemento similar e incluso superior en ventas para Xbox One para o final da ventá de lanzamento.

Colin Sebastian tamén considera que entre ambas consolas van a vender entre 5 e 6 millóns de unidades, así como o esgotamento destas na maioría dos puntos de venta:

Os nosos controis en cadeas de tendas sinalan que hai unha demanda moi superior á oferta.

fm5
Microsoft ven de publicar un novo vídeo, ao máis puro estilo modo “Autovista” do Forza Motorsport 4, do «Forza Motorsport 5», no que o coñecido presentador do programa Top Gear, Jeremy Clarkson (@JeremyClarkson) nos fala das súas impresións de dous dos novos superdeportivos que incluirá o xogo: o Pagani Huayra e o McLaren P1.

O «Forza Motorsport 5» será exclusivo para Xbox One e chegará ao mercado na data de lanzamento da videoconsola, o 22 de novembro. Os xogadores que reservaran a videoconsola, obterán, totalmente de balde, unha copia do Forza 5 ou do FIFA 14, segundo prefiran.

games-with-goldSegundo as cifras ofrecidas por Microsoft, dende que comezaron a campaña en xuño, os xogadores pasaron un total de 120 millóns de horas xogando aos videoxogos que a compañía regalou aos subscritores Gold do seu servizo Xbox Live, entre os que se inclúen títulos como Fable III, Dead Rising 2 ou Rainbow Six Vegas. Nesta segunda quincena de outubro, están a regalar o Halo 3.

Compite contra “Stig” en Forza 5

Por: Venres, 11 de Outubro de 2013, 13:00 COMENTAR

fm5
Para os que non o coñezades, Stig é o máis que coñecido misterioso piloto do programa británico Top Gear. É o encargado de levar ao límite os novos modelos que presentan no programa.

Cando ves o programa, sempre che queda esa pregunta: “Como o faría se correse contra Stig?”. Pois ben, tal e como nos presentan no seguinte tráiler, no Forza Motorsport 5 poderemos competir contra el, ou máis ven contra “o seu curmán dixital”.

Como a entrega anterior, o Forza Motorsport 5 contará co circuíto Top Gear Test Track, así como os comentarios dos seus presentadores Jeremy Clarkson, Richard Hammond e James May.

Estará dispoñible o 22 de novembro, data de saída da Xbox One. As reservas da videoconsola, poderán optar entre unha copia deste xogo ou do FIFA 14.

«Dead Rising 3» non sairá en Alemaña

Por: Venres, 11 de Outubro de 2013, 12:00 COMENTAR

dead-rising-3
Segundo confirmou a propia Microsoft, o xogo de nova xeración Dead Rising 3 non superou as probas de calificación do organismo alemán e bloqueou o lanzamento do título no país xermano.

“Dead Rising 3 non sairá á venda en Alemaña como parte da liña de lanzamentos da Xbox One o 22 de novembro, ao non conseguir acadar unha calificación de idade polo BPjM (Bundeprüfstelle für jugendgefährende Medien), organismo regulador do software de entretemento do país.”

“Aínda que Microsoft está decepcionado con esta decisión, respetamos os puntos de vista dos revisores e retiramos o Dead Rising 3 da liña de lanzamentos da Xbox One en Alemaña. Dead Rising 3 seguirá a estar dispoñible nos outros mercados o 22 de novembro. Máis aló diso, non temos máis comentarios.”

Aínda que a organización alemana non deu detalles dos motivos, este tipo de medidas non son novas, xa que as dúas entregas anteriores da saga xa foran baneadas no seu momento.

xbox one disco duro
Ademáis da función constante de gravación dos últimos 5 minutos de xogo, un directivo de Microsoft confirmou que a videoconsola gardará automáticamente o momento no que o xogador consiga desbloquear os logros dos xogos, para poder ver máis tarde como os conseguíu e compartilo cos demáis xogadores.

“O DVR gravará automáticamente calquer Logro que desbloquees, así cada vez que aumentes o teu Gamerscore terás gardado como o conseguiches e poderás velo máis tarde.”

Os xogadores poderán revisar, recortar e cargar automáticamente os vídeos dende a propia aplicación da Xbox One.