Xbox One 1
Pouco despois do seu lanzamento o pasado 22 de novembro, moitos usuarios queixábanse de que nas súas consolas non funcionaban os xogos en formato disco.

Para arranxar o problema, Microsoft enviaralle unha nova consola aos usuarios e, para mellorar o tempo de espera, poderán descargar de balde na consola defectuosa unha copia dixital dun xogo, entre os que se inclúen: Dead Rising 3, Forza Motorsport 5, Ryse: Son of Rome e Zoo Tycoon.

“Mentres enviamos a nova consola, queremonos asegurar de que os nosos usuarios poidan seguir xogando.”

“Imos ofrecerlle a cada un deles unha descarga dixital gratuíta dun dos títulos de lanzamento publicado por Microsoft Studios.”

state-of-decay
Undead Labs confirmou que haberá unha versión para PC do xogo State of Decay neste mesmo 2013.

O xogo foi todo un éxito dende o seu lanzamento o pasado 5 de xuño a través de Xbox Live Arcade, onde xa acadou a cifra das 500.000 descargas, convertíndose no xogo orixinal que máis rápido acadou esa cifra.

Esta nova versión para PC terá mellora nos gráficos, maior resolución e maior taxa de imaxes, pero non terá diferente contido nin características.

“O que non terá a versión de PC serán ferramentas de modificación (por cuestións de tempo e probas), pero non temos ningunha obxección cos mods e estaremos moi atentos a ver con que nos sorprenden os xogarores de PC.”

O estudio tamén ten a intención de participar no programa “Steam’s Early Access”, no que os xogadores poderán ter acceso ás versións beta do xogo antes do lanzamento ao mercado da versión final do xogo.

Co éxito acadado, non é de estrañar que Phil Spencer, vicepresidente de Microsoft Studios, amosara o seu interés en levar o título á nova videoconsola Xbox One, facendo notar que o estudo ten grandes plans para a franquía.

summer-of-arcade-2013
Como cada ano, Microsoft lanzará a promoción de rebaixas «Summer of Arcade» en agosto nos seguintes catro títulos de Xbox Live Arcade:

  • «Brothers: a Tale of two Sons» (505 Games), o 7 de agosto por 1.200 Microsoft Points.
  • «Charlie Murder» (Microsoft Studios), o 14 de agosto por 800 Microsoft Points.
  • «Flashback» (Ubisoft), o 21 de agosto por 800 Microsoft Points.
  • «Teenage Mutant Ninja Turtles: Out of the Shadows» (Activision), o 28 de agosto por 1.200 Microsoft Points.

Ademáis, ao mercar dous xogos calquera dos anteriores, recibirás «Souls Pack for Ascend: Hand of Kul» de balde.