Había dúbidas se esta recopilación de títulos da saga Metal Gear Solid chegaría á Europa, mais Konami acaba de confirmar que si, que MGS: The Legacy Collection chegará a todas as tendas europeas.

Para aqueles que non saibades o contido deste pack aquí vos vai:

Metal Gear Solid, Metal Gear Solid 2: HD Edition, Metal Gear Solid 3: HD Edition -que inclúe os títulos orixinais de MSX Metal Gear e Metal Gear 2-, Metal Gear Solid: Peace Walker HD Edition, Metal Gear Solid: Special Missions e Metal Gear Solid 4: Trophy Edition.

A parte disto, tamén se engaden dúas novelas gráficas ilustradas polo artista Ashley Wood que nunca viron a luz no territorio europeo.

O día concreto aínda se descoñece, mais si que sabemos que será o próximo mes de setembro cando MGS: The Legacy Collection aterrará en PS3.

Raiden

Por: Martes, 25 de Outubro de 2011, 14:04 COMENTAR

(Vía: Gamefreaks)

Cando sairá?

Como saberedes, unha das boas novas que recibimos no descafeinado E3 deste ano foi que Konami lanzaría os seus videoxogos de Metal Gears Solid en alta definición.

Até aquí todo ben, mais o problema surxe no grande atraso (aínda que sexa un rumor) que acaba de sufrir estes días. Teoricamente esta recompilación ía saír en novembro, e agora parece ser que teremos que esperar até o segundo trimestre de 2012.

Que está a acontecer con este proxecto? Porque Konami aínda non se pronunciou ao respecto ante un atraso tan enorme. Non sei, non sei, mais non creo que sexa moi bo isto… (por moi lóxico que pareza).

Continuaremos a informar sobre esta colección e veremos como remata.

Solid Snake

Por: Martes, 4 de Outubro de 2011, 16:39 COMENTAR

(Vía: Koldun)

O mellor MGS da historia

Por: Xoves, 11 de Agosto de 2011, 20:07 COMENTAR

(Vía: Ambernichols)

‘Snake Eater 3DS’ atrasado tamén para 2012

Por: Mércores, 27 de Xullo de 2011, 12:35 COMENTAR

Se hai uns días vos informabamos que The Darkness 2 se atrasaba até 2012, agora tócalle ao remake do mellor Metal Gear Solid da historia adiar un pouco o seu lanzamento. Porque se ben estaba previsto que saíse para finais de anos, teremos que esperar a principios de 2012. E coñecendo ás compañías, “principio” son os tres primeiros meses.

Aos poucos, moi aos poucos, o catálogo de Nintendo 3DS pretende ir subindo de nivel, esperemos que non se encontre con ningún monstro final moi complexo.

E polo de agora atopámonos como sempre, en stand-by.

Pounch out MGS

Por: Martes, 19 de Xullo de 2011, 19:12 COMENTAR

Xa sabemos que teremos unha colección dos dous MGS de PS2 e do Peace Walker para consolas, pero o que non sabiamos aínda é como se vían.

Pois das dúas xoias de PS2 aínda nada, pero podemos ver gameplay de Peace Walker, e a verdade, deixa bastante que desexar. Graficamente é moi frouxo para as consolas actuais e non promete mellorar o aspecto.

E outra cousa que non me explico, por que sempre que sacan un gameplay utilizan a xogadores que non teñen nin idea de xogar, eclipsando a súa torpeza o resto do vídeo?

En fin, botádelle un ollo e xa comentaredes o que vos parece.