Mirade o “Metro 2033: Last Light”

Por: Xoves, 14 de Xullo de 2011, 20:44 COMENTAR

O primeiro Metro 2033 resultou ser un título uniforme, con partes moi boas como a súa fantástica ambientación e puntos fracos como a I.A ou problemas con diferentes armas e disparos.

Pois parece ser que pretenden paliar estes erros con Last Light, unha segunda entrega que volve manter a ambientación que fixo recordar ao predecesor e que supomos (será moito supor?) que resolvan os problemas coa intelixencia artificial.

Neste gameplay temos infiltración (nunha escuridade case plena), disparos, unha iluminación moi apta, nazis, disparos… que máis queredes?