Ou polo menos eso é o que pretenden desde Game Refuge, o equipo creativo responsable do xogo orixinal, se consiguen o orzamento suficiente mediante unha campaña de crowfunding en Kickstarter. “General Chaos II: Sons of Chaos”, nome co que sería bautizado o xogo vería a luz para ser xogado en PC e alcanzando maiores niveis de financiamento tamén contaría con versións para Xbox360 e PS3.
O mítico “General Chaos” de Mega Drive vai ser revisionado
Retrode, a derradeira opción para os teus cartuchos de 16 bits
Moitos somos os que almacenamos cartuchos de 8 e 16 bits na casa, sen ter na maioría das ocasións as vellas consolas en estado operativo. Ata agora, pouco máis podíamos facer que mirar para a nosa colección e xustificarnos díante da familia decindo que os gardamos porque gañan valor co paso do tempo e dentro duns anos venderemolos nunha cuantiosa operación comercial argallada por internet. Mais mentres non chega ese intre, o dispositivo Retrode permitenos utilizar cartuchos da Super Nintendo e da Mega Drive (incluíndo adaptadores tamén Nintendo 64 e mesmo Master System) en calquera ordenador con porto USB, sexa Linux, PC ou MAC.
Sabemos que hoxe en día en moitas webs se poden emular as rom’s de todo o catalogo desas consolas, e o dispositivo Retrode ten un custo duns 65€, mais ademais de asegurarte a procedencia totalmente lícita dos xogos, volver xogar ao teu cartucho do Gunstar Heroes non ten prezo! E mesmo coa posibilidade de recuperares as partidas gardadas hai anos neses cartuchos.
5 razóns polas cales Mario é mellor que Sonic
A estas alturas pensei que non facía ningunha falla dicir que Mario é mellor que Sonic, mais despois de ver como Amil GZ se quixo autoconvencer escribindo un artigo herexe contra Mario, véxome na obriga de comentar outras cinco cousiñas polas que o fontaneiro de Nintendo supera a un ourizo que corre.
Gens é un emulador da Sega Mega Drive distribuído baixo unha licenza GPL. É dicir, é software libre. Emula tanto xogos propios da Mega Drive como os xogos do MegaCD e da 32X (para estes últimos fan falta os ficheiros das BIOS).
Como é software libre, tomei a liberdade de traducilo ao galego para todos vós. Informarei aos desenvolvedores para ver se é posíbel incluíren a tradución de forma oficial. Mais, entrementres, podedes encontrala aquí. A seguir está a ligazón para baixares o emulador traducido e coas BIOS incluídas. Está todo configurado, só tes que baixalo, facer duplo clique no ficheiro gens.exe e xa vai.
DESCARGAR EMULADOR GENS EN GALEGO
GENS 2.14 executábel para Windows en galego coas BIOS incluídas e configuradas