the-elder-scrolls-online
A compañía Bethesda anunciou como data oficial de lanzamento do seu agardado MMORPG «The Elder Scrolls: Online» o vindeiro 4 de abril de 2014 nas súas versións para PC e Mac, mentres que nas versións para PlayStation 4 e Xbox One haberá que agardar ata xuño de 2014.

O director do xogo, Matt Firor comentou:

“A creación do xogo vai moi ben.”

“Xa completamos a maioría dos sistemas do xogo e estamos a centrarnos en facer deste Elder Scrolls o xogo que agardades: pulindo as centos e centos de horas de contido, facendo os combates máis entretidos, arranxando erros nas búsquedas e moito, moito máis.”

Sobre o lanzamento dous meses máis tarde para as consolas comentou:

“A demanda mundial de «The Elder Scrolls: Online» é extraordinariamente alta. Isto supón que necesitamos facer un lanzamento escalonado das diferentes versións do xogo e evitar a sobrecarga inicial dos servidores e asegurar unha experiencia de xogo agradable.”

“Non é só un xogo o que vamos lanzar, é un gran servizo en liña e a nosa primeira prioridade é asegurar un lanzamento estable e sen problemas para todo o mundo.”

Ademáis do anuncio da data de lanzamento, tamén publicaron este novo tráiler, no que podemos ver “centos de xogadores loitando uns contra os outros”.