retrodeMoitos somos os que almacenamos cartuchos de 8 e 16 bits na casa, sen ter na maioría das ocasións as vellas consolas en estado operativo. Ata agora, pouco máis podíamos facer que mirar para a nosa colección e xustificarnos díante da familia decindo que os gardamos porque gañan valor co paso do tempo e dentro duns anos venderemolos nunha cuantiosa operación comercial argallada por internet. Mais mentres non chega ese intre, o dispositivo Retrode permitenos utilizar cartuchos da Super Nintendo e da Mega Drive (incluíndo adaptadores tamén Nintendo 64 e mesmo Master System) en calquera ordenador con porto USB, sexa Linux, PC ou MAC.

Sabemos que hoxe en día en moitas webs se poden emular as rom’s de todo o catalogo desas consolas, e o dispositivo Retrode ten un custo duns 65€, mais ademais de asegurarte a procedencia totalmente lícita dos xogos, volver xogar ao teu cartucho do Gunstar Heroes non ten prezo! E mesmo coa posibilidade de recuperares as partidas gardadas hai anos neses cartuchos.

SFII-MS

Recentemente facíamos un exercicio de memoria (pixelada) para lembrar algúns dos mellores xogos da Master System. Afondando no mesmo exercicio de nostalxia profunda producida ao volver á preadolescencia, topamos curiosidades descoñecidas para a grande maioría dos gamers, coma a versión de Street Fighter II para os 8 bits de Sega.

Ler o resto da entrada »

Master_System_II

Nestas datas debe facer coma uns 20 anos que conseguín que me mercaran unha Sega Mega Drive, e con ela chegou un arrinconamento da consola da man da cal entrei neste mundiño, a Sega Master System. Certo é que tal inxustiza non a cometín eu so, e o esquecemento e o non recoñecemento a este sistema é eiva común en boa parte da comunidade gamer, ben polo tempo pasado, ben porque érades moi novos para xogar a esto a finais dos 80, principios dos 90 😉

  Ler o resto da entrada »