“O mais importante nun xogo de Rol é a historia e a narrativa”.
Jakub Rokosz (CDprojekt)
Cúmplese un ano do lanzamento de Mas Effect 3, e con el, da maior polémica que poda recordar en torno a un xogo. O interese desta polémica con ampla repercusión mediática foi aínda mais aló do da propia industria, saltando aos medios xeneralistas e xerando debates en torno ao concepto de propiedade artística e os dereitos dos consumidores.
Este é o primeiro artigo dunha serie de dous nos que analizamos todos estes aspectos. Nestas primeiras letras intentei evitar no posíbel os spoilers maiores, centrándome na repercusión social e mediática, e facéndo unha reflexión crítica das prácticas (tanto narrativas, como estrictamente comerciais) que puideron motivar a polémica. Contodo, o artigo contén algúns spoilers que considerei necesarios para perfilar este “racconto”… preveño antes de sufrir agresións físicas ou que alguén decida facerme vudú.
Que se abra o telón…