Persoalmente sorprendeume este anuncio bastante, xa que non contaba ver este título aínda por un tempiño.

Os motivos?, pois a incerteza do rumbo desta terceira parte que incluso se facía cancelado, logo resultou ser que non, retrasos e máis retrasos, rumores que ían e que viñan sobre un futuro incerto deste Max Payne…

Os que me coñecedes saberedes que non me fío nada destos títulos que andan a tumbos no seu desenrolo, mais este ten algo que me fai crer nel, ten a Rockstar.

Como saberedes, Max Payne 3 está sendo desenvolvido por varias compañías de Rockstar polo que ten un aval bastante bo, tanto que se arriscan a incluir un multixogador, exclusivo neste capítulo da saga.

Max Payne 3 ten un protagonista bo e unha historia que engancha, esperemos que se manteña á altura do que todos desexamos.

Así que como xa dixen, a esperar até marzo de 2012 para catar este título.