kinect-xbox-one
Nunha entrevista concedida a un importante medio da industria dos videoxogos (da que non imos facer publicidade, para iso estamos nós, para informarvos… 🙂 ), Mark Whitten (@notwen), xefe de arquitectura da plataforma de Xbox One, a nova videoconsola de Microsoft poderá funcionar perfectamente sen o Kinect conectado, como ata agora parecía que ía ser.

Para os máis “conspiranoicos” a obriga de ter o Kinect conectado para poder xogar era unha simple excusa para que puideran espiarnos mentres xogabamos coa videoconsola (non creo eu que aos da CIA lles fose interesar moito verme xogando, a verdade…), pero segundo esta nova, parece que poden quedar tranquilos, pois non será necesario ter conectado o dispositivo.

“Como o online, a videoconsola funcionará sen o Kinect conectado, aínda que non poderás empregar calquer función ou experiencia que requira explícitamente o sensor.”

Parece que os de Redmond queren recuperar a confianza que moitos perderon despois do anuncio da Xbox One e as súas polémicas políticas.

Xbox One 1
Se fai unhas semanas coñeciamos que a Xbox One capturará automáticamente os últimos 5 minutos de xogo, agora sabemos as especificacións técnicas desas capturas.

Nunha recente entrevista, Mark Whitten (@notwen) aclarou que as gravacións terán unha resolución de 1280×720 en formato progresivo, formato coñecido como 720p, a 30 cadros por segundo.

Estas capturas serán accesibles dende a mesma interface da videoconsola, ademáis será moi sinxelo subir os vídeos ao novo servizo Xbox Cloud, para poder compartilos cos teus coñecidos.

Quizáis esta resolución sabe a pouco para os máis fanáticos da calidade, que agardaban unha resolución FullHD (1080p). Outra tropezo no camiño da Xbox One…