Tal e como confirmou Mark Rubin (@IWMarkRubin), produtor executivo de Infinity Ward, a versión para a Xbox One terá unha resolución nativa inferior á súa principal competidora, a PlayStation 4, que ofrecerá unha resolución FullHD de 1920 x 1080 píxels.
Se ben na consola de Microsoft tamén pode ofrecer esa resolución, pero segundo comentou o propio Mark, sería mediante un reescalado dende os 1280 x 720 píxels nativos cos que funcionará na Xbox One. En ámbalas dúas videoconsolas funcionarán a 60 FPS.
Esta nova chega pouco despois de que se confirmara que no principal rival deste xogo, o Battlefield 4 tamén terá unha resolución inferior na consola de Microsoft (1600 x 900 na PlayStation 4 fronte aos 1280 x 720 da Xbox One).
Mala publicidade ésta para a xa pouco popular Xbox One…