Super Mario Bros Sandbox

Por: Mércores, 15 de Decembro de 2010, 10:14 COMENTAR

Estamos fartos de ver parodias de Mario por todos os lados, pero a seguinte que vos amoso a continuación rompe moldes presentándonos a un Mario moito máis serio, duro e ambientado nunha época máis actual.
Con todos vós, Super Mario Bros Sandbox.
Na liña dos GTA temos unha cidade a nosa disposición, centos de misións secundarias, un argumentos rebuscado e total liberdade de acción.
Pero claro, creo que ninguén perdoaría que Mario se arriscase noutros xéneros que non fosen as seguras plataformas na que se atopa enriba de todo, polo que o vídeo e o proxecto que vedes a continuación só seguirá vivo no cerebro do seu propio creador.
Aínda así, debo mencionar que hai momentos moi espectaculares e cheos de acción, polo que non deixa de ser unha curiosidade moi recomendábel.
A ver que vos parece.

Unha cervexa estilo Mario?

Por: Martes, 9 de Novembro de 2010, 11:43 COMENTAR

Despois dun longo día de fontanería, o mellor que pode facer Mario é descansar a cabeza tomándolle unhas birras fresquiñas.
Pois qué mellor que na súa propia xerra?

Mario vs Songoku

Por: Luns, 4 de Outubro de 2010, 15:36 COMENTAR

Se hai dous personaxes que movilizaron a varias xeracións estos foron Songoku e o bo de Super Mario, pero que pasaría se pelexaran entre eles?,un coa onda vital e outro coa bola de lume, un co teletransporte e outro cos saltos, un salvador do planeta e outro… tamén.

Deixémonos de palabras inútiles e mirade este vídeo que non ten desperdicio ningún.