Crónica de mil mortes anunciadas… de Mario
Estamos acostumados a ver o bo de Mario superar centos de obstáculos que tentan imposibilitar a súa chegada ao castelo, mais tamén estamos acostumados a ver este protagonista perecer no intento.
E como transformar todas estas mortes en arte? Pois este vídeo é o exemplo a seguir. Unha selección de imaxes impecábeis e unha música absolutamente encantadora (por favor, se ides ver este vídeo sen música non o fagades) compoñen unha curtamentraxe que aqueles melancólicos coma min agradecerán eternamente.
Estou a exaxerar? Pode ser, pero correxídeme despois de velo.