En menos dun mes á venda, a versión “alpha” do DayZ xa superou o millón de copias vendidas a través do programa Early Access en Steam, segundo confirmou Marek Španěl no seu perfil en Tumblr.
A versión beta de «Dayz» non estará dispoñible ata finais de 2014
Mércores, 8 de Xaneiro de 2014, 10:00 COMENTAR
Nunha nova entrada no blogue de DayZ, Marek Španěl, CEO de Bohemia Interactive, confirmou que non agardan alcanzar a versión beta do xogo DayZ antes de finais deste 2014.
Polo de agora, seguen a traballar en pulir e mellorar a versión alpha e eliminar os numerosos erros. A lista de prioridades de traballo que teñen son:
- Rendemento, estabilidade e seguridade dos servidores.
- Animais e caza.
- Cociña e acopio de recursos.
- Vehículos personalizables.
- Construccións creadas polos xogadores no entorno.
- Interacións máis complexas co entorno e opcións de artesanía.
- Simplificación das accións de usuario e interface.
- Control e animacións ampliadas e melloradas para mellor fluidez.
- Mellora no motor gráficos e físicas
- Soporte para mods e maior flexibilidade para partidas aloxadas polos usuarios e modos de xogo.
Con máis de 875.000 copias vendidas en menos de tres semanas dende o seu lanzamento, o xogo está dispoñible en Steam, por 23,99 €