O título é máis que explicativo para todos, e surxe despois duns comentarios no Twitter do responsábel principal de Mortal Kombat. Ed Boon fala cos lectores sobre os personaxes dun novo posíbel xogo da saga máis cruel de loita, e di claramente:
“Eu quería que un deles fose Marcus Fénix de Gears of War”.
As repercusións desta pequena frase non tardaron en facer efecto e o famoso Cliffy B. contostou inmediatamente:
“Ponte en contacto comigo para falar disto”
Será isto un inicio dun dos mellores crossover do momento? O grande Marcus non había de desentoar entre o elenco do Mortal Kombat.
Deixaremos que o tempo responda esta pregunta.