O mando ideal para as avoas

Por: Mércores, 23 de Outubro de 2013, 9:00 COMENTAR

mando-avoas

Quén dixo que ás avoas non lle poden gustar os videoxogos?

Vía | Imgur.com

DualShock4

O 29 de novembro sae á venta a Playstation 4 xunto co seu habitual Dualshock, mais este puido ser moi diferente ao que foi finalmente, é máis, Toshimasa Aoki, un dos responsábeis de Sony, recoñeceu que barallaron a posibilidade de imitar a disposición dos sticks analóxicos da súa rival Xbox:

Sabiamos que aos consumidores gústalles o mando de Xbox 360 para os xogos de acción.

Pero acaba aclarando a súa decisión:

A xente gústalle os botóns na parte de arriba e iso cambia ao botón máis empregado, o X, do pulgar dereito. Se cambiamos de posición o botón X cambia a memoria do músculo. A man dereita emprégase principalmente para botóns e a palanca, mais a esquerda principal quédase nun ou outro control e non cambia -entre estick e cruceta-. Por isto está aceptado cambiar a parte esquerda, mais cambiar a dereita rompe a experiencia.

Finalmente:

O equipo do prototipo, a min mesmo e outros departamente preferían o estilo Playstation, e debían mantelo.

Contrariamente á opinión popular…

Por: Domingo, 13 de Outubro de 2013, 17:00 COMENTAR

A evolución dos mandos de Sony

Por: Venres, 20 de Setembro de 2013, 13:28 1 COMENTARIO

evolution-ps-controller

Fonte | PSMania

Porque unha cousa é escoitar música, e outra facelo con estilo.

Vía | Gizmodo Brasil

Os rumores sobre a chegada da nova xeración en breves aínda non están confirmados, mais parecen o suficientemente fortes como para crear rumores sobre como serán estas consolas.

O primeiro rumor tráeo CVG, dicíndonos que Sony podería abandonar o deseño do Dualshock para arriscarse cun mando completamente novo.

Os rumores falan dun pad con sensores biométricos e pantalla, cos cales leva traballando Sony uns seis meses sen descanso.

Se recordamos, coa chegada da PS3 tamén se creou un rumor deste tipo que finalmente quedou en nada, con este só é cuestión de tempo saber se é verdade.

Transforma unha Game Boy nun gamepad para Android

Por: Venres, 11 de Xaneiro de 2013, 22:55 COMENTAR

Moitas de vós teredes pola casa unha Game Boy Classic (tamén coñecida como Game Boy Tixolo ou Game Boy Tocha). E probabelmente non funcione, ou simplemente xa estea obsoleta e non a queirades para nada. Pois… por que non transformala nun gamepad para poder xogar co teu Android?

Esa foi a idea de Chad Boughton, quen deu en facelo e describir o proceso no web Instructables. Que se precisa? Pois unha Game Boy, un Wii Mote, unha carcasa ríxida para soster o teu móbil con Android e o aplicativo Wii Controller IME ou outro semellante. Ah! E un pouco de xeitiño!

Podes ler as instrucións do proceso todo nesta ligazón: http://www.instructables.com/id/Game-Boy-Android-Gamepad/

Despois duns días de descanso en Memoria Pixelada (será porque tampouco hai ningunha nova verdadeiramente relevante) volvo cunha noticia que me fai entrar en debate, o p*** mando de Wii U.

Eu intento comprender a Nintendo, é dicir, queren innovar e entrar pola vista aos pseudoxogadores para que as súas ventas sumen e sumen, e deste xeito viron viábel un mando (máis ben unha “tablet”) cunhas funcións que non sei se serán moi óptimas para os videoxogos.

Se son honesto eu aínda estou pelexando co control actual da Wii, para que me metan agora outro novo cacharro que non me colle nin na man.

Por suposto isto é todo a miña opinión e sen probar (como é lóxico) este trebello, pero todo está saíndo como penso, agora existen fortes rumores no que lle dan a este mando protagonismo, pero non precisamente por empregalo en videoxogos, senón por ofrecer novas posibilidades técnicas como pode ser… ler libros electrónicos.

Cando se darán conta que un mando dunha consola debería servir para controlar os protagonistas dos videoxogos, que os xogadores de toda a vida queremos os botóns de sempre e sen andar movendo as mans como un pintor drogado… que por suposto queremos innovación, pero dentro dos videoxogos, novas experiencias, novas sensacións, porque a despois de pasar toda a xeración coa Wii, aínda non vexo claro este mando, nada claro.

E agora lonxe de correxir este erro (para moitos sería un acerto), aínda se centran noutros facores alleos aos videoxogos.

Quero berrar.

Xogar á Xbox 360 cunha soa man

Por: Xoves, 3 de Febreiro de 2011, 12:03 COMENTAR

Sempre é bo ter unha man libre para…para facer o que sexa, cada un que obte pola actividade que queira, por iso un bo usuario creou un mando da Xbox 360 que se emprega cunha soa man.

Parece que non é moi cómodo de usar, pero xogar o Bayonetta ou o próximo Catherine con este mando sempre…alivia.