Luigi volve á carga

Por: Venres, 29 de Marzo de 2013, 15:40 COMENTAR

Case 12 anos pasaron dende que se estreou Luigi’s Mansion na Gamecube. No E3 2011, Nintendo anunciou unha nova entrega da saga, pero non foi até esta semana cando o Luigi’s Mansion 2 chegou ás tendas de todo o mundo.

PS_3DS_LuigisMansion2_PEGI

O proxecto foi supervisado dende o principio polo lendario Shigeru Miyamoto, quen optou polos gráficos en tres dimensións da 3DS fronte á Wii. O modo de xogo e a historia é similar á da primeira entrega, pero Nintendo exprimiu a 3DS ao máximo para disfrutar dunha innovadora secuela do Luigi’s Mansion.

Luigi’s Mansion 2, tamén coñecido como Dark Moon, leva vendidas en Xapón máis de 280.000 unidades dende o 20 de marzo, o día oficial da estrea. Do mesmo xeito, Nintendo reafirmou a súa supremacía no campo das consolas, pois só esta semana vendeu case 70.000 unidades da 3DS. A empresa nipona posúe o xogo e a consola máis vendidas de toda a semana, que máis pode pedir?

luigis-mansion-2-dark-moon-wallpaper-artwork