Falaremos desta volta dunha das máis famosas aventuras, Maniac Mansion. O debut de Ron Gilbert supuxo un novo horizonte para o xénero, rachou co parser de texto para o instalar no point & click.

Parodiando un xénero xa autoparódico de por si, o cinema de terror adolescente, Maniac Mansion conta a historia dun grupo de rapaces, liderados por Dave, que acoden á Mansión Edison para rescatar á moza deste, Sandy. O Dr. Fred, presa do influxo dun maligno meteorito que caera nas proximidades da súa mansión catro lustros atrás, raptou a rapaza para utilizala nun dos seus experimentos.

Ler o resto da entrada »

Trespassing Scumm

Por: Luns, 21 de Febreiro de 2011, 21:21 COMENTAR

Autor: James Francis

Pódese atopar algunha referencia na imaxe a cada unha das aventuras (sagas) de Lucas dende a implantación do Scumm (é dicir, todas menos Labyrinth).