lost-planet-3-logo
Capcom anunciou os incentivos que terán as reservas do «Lost Planet 3» na súa versión para PC.

Dispoñible para reservar en Steam por 39,99 €, os usuarios recibirán as seguintes recompensas dependendo da cantidade de reservas totais:

Recompensa 1: (XA DESBLOQUEADA!!)

    lost-planet-3-reward-1

  • Freedom Fighter’s Pack: 5 personaxes e dúas melloras do equipo, dispoñible no lanzamento.

Recompensa 2:

    lost-planet-3-reward-2.1

  • Punisher Pack: 3 armas de longo alcance e 2 melloras de equipo.
  • lost-planet-3-reward-2

  • Assault Pack: 3 armas de curto alcance e 2 melloras de equipo

Recompensa 3:

    lost-planet-3-reward-3

  • Unha copia gratuita do «Lost Planet: Extreme Condition».
  • A free copy of «Bionic Commando ReArmed».
  • (Se xa mercaches un destes xogos, terás a posibilidade de regalarllo a un amigo).

Cada novo nivel de recompensa desbloqueado incluirá as recompensas do nivel anterior.

O lanzamento está previsto para o vindeiro 30 de agosto para PC, PlayStation 3 e Xbox 360

lost-planet-3-logo
Capcom publicou un novo tráiler da que será a terceira entrega da saga Lost Planet no que o protagonista, Jim Peyton nos narra as dificultades da supervivencia en E.D.N III, planeta no que terá lugar a acción do xogo.

Ademáis, para aqueles que reserven o xogo antes do seu lanzamento, terán como premio o «Freedom Fighter Pack», que contará con 5 personaxes para o multixogador e actualizacións de armas exclusivas.

O lanzamento está previsto para o 30 de agosto en Europa para PC, PlayStation 3 e Xbox 360.

lost-planet-3-logo

A compañía nipona Capcom anunciou que a data de lanzamento do Lost Planet 3, que estaba previsto para finais de xuño, pasa agora a ser o 30 de agosto en Europa e o 27 de agosto en América, sen explicar os motivos deste atraso. Dende a compañía limitáronse a dicir que foi por “cuestións de negocios”.

Para os que non podedes agardar máis, un video con 15 minutos de xogo:

Lost Planet 3 sairá o 28 de xuño

Por: Xoves, 7 de Marzo de 2013, 11:17 COMENTAR

Despois dunha primeira entrega aconsellábel e unha continuación que deixaba que desexar, Cacpcom acaba de anunciar o día de lanzamento de Lost Planet 3, que será o 28 xuño.

Volvemos repetir argumento, monstros xigantes, xeo, neve, disparos e robots…

Aquí o tráiler.

Anunciado Lost Planet 3

Por: Martes, 10 de Abril de 2012, 17:41 COMENTAR

Se facemos un pouco de memoria a primeira entrega de Lost Planet sorpredeu á comunidade de xogadores cun título dunha calidade notable. A segunda entrega foi todo o contrario e agora acaba de ser presentado Lost Planet 3.

Como principal novidade temos que mencionar que non será Capcom a encargada de realizar esta entrega, senón Spark Unlimited, compañía que estivo detrás de títulos como Call of Duty: Finest Hour, Turning Point: Fall of Liberty e Legendary.

A continuación podedes observar o teaser tráiler de lanzamento onde nos deixan ver os elementos clásicos da saga, escenarios conxelados, criaturas xigantes e “mechas”.