Despois duns días de descanso en Memoria Pixelada (será porque tampouco hai ningunha nova verdadeiramente relevante) volvo cunha noticia que me fai entrar en debate, o p*** mando de Wii U.

Eu intento comprender a Nintendo, é dicir, queren innovar e entrar pola vista aos pseudoxogadores para que as súas ventas sumen e sumen, e deste xeito viron viábel un mando (máis ben unha “tablet”) cunhas funcións que non sei se serán moi óptimas para os videoxogos.

Se son honesto eu aínda estou pelexando co control actual da Wii, para que me metan agora outro novo cacharro que non me colle nin na man.

Por suposto isto é todo a miña opinión e sen probar (como é lóxico) este trebello, pero todo está saíndo como penso, agora existen fortes rumores no que lle dan a este mando protagonismo, pero non precisamente por empregalo en videoxogos, senón por ofrecer novas posibilidades técnicas como pode ser… ler libros electrónicos.

Cando se darán conta que un mando dunha consola debería servir para controlar os protagonistas dos videoxogos, que os xogadores de toda a vida queremos os botóns de sempre e sen andar movendo as mans como un pintor drogado… que por suposto queremos innovación, pero dentro dos videoxogos, novas experiencias, novas sensacións, porque a despois de pasar toda a xeración coa Wii, aínda non vexo claro este mando, nada claro.

E agora lonxe de correxir este erro (para moitos sería un acerto), aínda se centran noutros facores alleos aos videoxogos.

Quero berrar.