ea
Onte mesmo, Electronic Arts publicaba as cifras de vendas do segundo trimestre deste 2013, no que ingresou uns 949 millóns de dólares, algo menos que os 955 millóns do mesmo periodo do ano pasado.

O que máis chama a atención foi que por primeira vez os ingresos das vendas dixitais superaron aos das vendas físicas. Mentres que polas vendas físicas a compañía ingresou 467 millóns de dólares (fronte aos 613 millóns do ano pasado), das dixitais obtiveron uns ingresos de 482 millóns de dólares (fronte aos 342 millóns do ano pasado).

Segundo as verbas do presidente executivo da compañía, Larry Probst

“EA tivo un trimestre sólido impulsado polo crecemento continuo dixital e a xestión disciplinada dos custos.”

Tamén estamos a executar un conxunto claro de obxectivos para o liderado en móbiles, PC, consolas actuais e de nova xeración.”

Gran parte deste aumento nas vendas dixitais ten que ver co lanzamento en febreiro da versión para Mac da súa plataforma dixital Origin.