Xbox One, enviada antes de tempo

Por: Luns, 11 de Novembro de 2013, 11:00 COMENTAR

xbox one disco duro
Polo menos dous usuarios da tenda Target xa recibiron nas súas casas a nova videoconsola de Microsoft e fálase de que esta cifra podería chegar aos 100 casos.

Un dos usuarios decidíu subir un vídeo a YouTube desempaquetando a videoconsola e amosando o contido da caixa. Aínda que o vídeo foi eliminado nun primeiro momento por unha reclamación da propia Microsoft, volveu a subilo e, polo de agora segue a estar dispoñible. Aquí o tedes:

Pese a obter a consola lexítimamente, a consola foi expulsada dos sistemas en liña de Microsoft, aínda que dende a compañía xa se apuraron a afirmar que “fose o que fose o que pasou, non será permanente. Podo afirmalo cun 100% de seguridade”, tal e como comentou o propio Larry Hryb.

Segundo este usuario, a primeira descarga obrigatoria ocupa uns 500 MB e xa hai dispoñibles varios xogos na tenda dixital, como o Call of Duty: Ghosts ou o Lococycle.

O outro usuario, nada máis recibila, decidíu subastala en eBay, cun prezo de saída de 999 dólares (uns 783 Euros), pero chegou a acadar os 10.000 dólares (uns 7.840 Euros) antes de ser cancelada por petición da propia compañía.

Dende a cadea de tendas Target comentaron que esas consolas foron enviadas antes de tempo por un erro do sistema e que a cifra podería chegar ás 150 consolas, mais afirman que non foi un envío masivo.

Nun comunicado oficial, Microsoft afirmou que restrinxirá o acceso aos servizos en liña a todas as videoconsolas que se conecten antes do día de lanzamento oficial. Suponse que ese bloqueo será levantado o mesmo día de lanzamento, mais cos de Redmond, calquera sabe…

New-Xbox-360-Dashboard-Goes-Live-on-December-6
Microsoft abriu o período de inscrición para que os usuarios interesados en probar a nova versión de Xbox Live 2013 durante a súa fase beta.

Esta actualización mellorará o rendemento xeral e a posibilidade de pagar as compras na moeda local. Lembrade que os coñecidos Microsoft Points, como anunciaron dende a compañía hai un tempo, desaparecerán nalgún momento deste ano.

Segundo as declaracións de Larry Hryb, director de Xbox Live:

“Ao contrario dos nosos programas beta anteriores, pódese acceder ao rexistro directamente a través da súa consola Xbox 360 para simplificar a experiencia”

As prazas están limitadas, así que, unha vez se completen, a beta será pechada ao público.”

Para os interesados, podedes apuntarvos a través do panel da interface da vosa Xbox 360, así como aceptar un contrato de non divulgación por cuestións de confidencialidade.

games-with-gold
Durante o pasado E3, Microsoft anunciou a promoción «Games with Gold», coa que ata decembro deste ano agasallaría con dous xogos ao mes a todos os usuarios cunha conta Gold en Xbox Live. O pasado xuño, estivo para descargar de balde o Fable III.

Agora, xa en xullo, os usuarios poderán descargar durante esta primeira quincena o «Defense Grid: The Awakening», que definen como “o xogo de estratexia de torres defensivas definitivo”. Recentemente, Larry Hryb, máis coñecido como Major Nelson, anunciou que durante a segunda quincena ofrecerán de balde o «Assassin’s Creed 2», segunda entrega da popular e exitosa saga de Ubisoft.

Durante a presentación da promoción, outro dos títulos que nomearon foi o «Halo 3» que estará dispoñible próximamente.