Lanzamentos do mes de marzo 2015

Por: Martes, 3 de Marzo de 2015, 17:45 COMENTAR

Lanzamentos marzo 2015

Continuando cos pequenos cambios que está sufrindo a web, e que agardamos esteades apreciando, este mes sacamos a escena unha nova forma de seguir todos os lanzamentos que se producen no mundo dos videoxogos a través do voso propio calendario. Se ata o de agora contabamos cunha sección na portada da web onde poder ver os próximos lanzamentos, nesta ocasión imos un paso máis aló creando un calendario que podedes exportar ao voso propio e así saber en todo momento o que está por chegar a vosa consola. Para iso podedes consultar o calendario de tres formas, a primeira importandoo ao voso mediando o enlace XML que atoparedes ao pé, no caso de ser usuario de Apple o que teredes que facer será pinchar sobre o enlace iCal, e por último se tan só queredes consultalo e telo a man tedes o enlace HTML, que non volo gardará.

Unha vez dito todo isto animarvos a que nos comentedes calquer título que se nos puidera escapar para que o incluamos na nosa lista e no calendario. Cales son os títulos que máis agardades deste mes? Pola miña parte Hotline Miami 2 e OlliOlli 2 serán dos que seguro estarán no meu ordenador.

 

XML | iCal | HTML

O tema ponse cada vez máis serio, porque os rumores sobre que a próxima xeración de consolas está a caer multiplícanse día a día.

A última en lanzar un comunicado foi a revista GameInformer, a cal asegura que a próxima PS4 e Xbox 720 serán presentadas nun evento especial, moi preto da Game Developers Conference, feira de desenvolvedores que se celebra do 25 ao 29 de marzo na cidade de San Francisco.

A publicación menciona ter escoitado ás dúas compañías ofrecer conferencias de prensa para presentar as súas novas consolas.

De ser así, podemos dar por feito que no E3 veremos os primeiros xogos da nova xeración.

Non sei se este rumor é certo, mais o que si é verdade é que cando os rumores son tan numerosos será porque algo se coce, e deste ano non pasa de coñecer as novas máquinas de Sony e Microsoft.

Aqui os xogos de lanzamento de Wii U

Por: Xoves, 22 de Novembro de 2012, 19:41 COMENTAR

Como saberedes o próximo 30 de novembro chegará ás nosas tendas a primeira consola de “nova” xeración por parte de Nintendo, a súa tan falada e comentada, Wii U.

Pero unha consola sen videoxogos é como un cocido sen grelos, así que Nintendo acaba de sacar nunha nota de prensa os videoxogos que traerá esta consola baixo o brazo.

Un total de 23 que poderedes ver a continuación:

Ler o resto da entrada »

Xa non hai volta atrás, a dura pelexa da pre-saída de novas consolas das tres grandes compañías xa abarcan todo.

A primeira en saberse rumores dela foi a nova consola de sobremesa de Nintendo, o proxecto denominado “Project Café”. Moitas especulacións saíron á luz, pero polo de agora oficialmente só se sabe que será presentada no proximo E3 (primeira semana de xuño).

Agora tócalle o turno a Microsoft, e deste xeito segundo fontes fiábeis de Develop, a sucesora de Xbox 360 xa podería estar en mans de Electronic Arts.

A verdade é que non me extraña este movemento de Microsoft,xa que sendo a consola que máis tempo leva no mercado (dende 2005),non se pode acomodar ante o movemento de Nintendo. Dende a mesma fonte a consola sairía a finais de 2012, e aínda que hai múltiples opinións en se estará presente neste E3,parece que a idea máis extendida é que non.

Así,Nintendo poderá adiantarse un ano coa nova xeración de consolas ante a súa competencia, e recordando o ben que lle saíu a Microsoft con esta xeración, moito me temo que Nintendo repetirá éxito.

E que hai de Sony?,pois como cada vez é máis habitual,aínda non dixo nada, supoñendo que darán preferenza á súa NGP. Así, moito me temo que volverá a ser a última en lanzar a súa nova consola.