Nvidia Shield chegará en xuño a 349 dólares

Por: Martes, 14 de Maio de 2013, 17:33 COMENTAR

nvidia-project-shield

A consola portábel que empregará tecnoloxía Tegra 4 e que trae o nome de Nvidia Shield aterrará nas tendas no mes de xuño baixo un prezo de 349 dólares.

Recordemos que esta consola permite reproducir xogos Android na súa pantalla ou nalgunha TV, ademais de permitir xogar a títulos de Steam para PC.

Aqueles interesados poderán facer a reserva deste aparello a partires do día 20 de maio na web oficial da compañía.

Se temos en conta que no cen por cen das veces fan o cambio de moeda 1$=1€, non é un prezo bastante elevado para esta consola?

As ventas falarán por si soas en breve.

Plants vs Zombies 2 estrearase en xullo

Por: Luns, 6 de Maio de 2013, 21:10 COMENTAR

plantszombies2

Despois dunha longa espera por fin se confirma a segunda entrega de Plants vs Zombies, o famoso xogo de defensa no que tiñamos que facer fronte a un exército de zombis coa única axuda dunhas plantas.

Plants vs Zombies 2: It´s About Time chegará ao longo de xullo, así o demostra Pop Cap nun teaser tráiler no que non nos amosa absolutamente nada do xogo, aínda que si bastante divertido.

Esperemos saber día exacto e plataformas, aínda que case seguro estará presente para todas as actuais,IOS,Android,PSN,XBLA, etc.

Wii Mini chegará o 27 de marzo

Por: Mércores, 27 de Febreiro de 2013, 1:01 COMENTAR

Wii-Mini

Nintendo acaba de confirmar que Wii Mini chegará ás nosas tendas o día 27 de marzo.

Como saberedes, Wii Mini é unha versión menor de Wii, con tamaño máis reducido, así como a eliminación do seu online, aínda que isto resólveno baixándolle o prezo, que aínda que non sacaron prenda neste sentido, en Canadá véndese a un prezo de 100€, uns 75€ ao cambio. Farán a conversión de 1€=1$?

A parte disto, Nintendo tamén confirmou que relanzará algúns dos títulos máis populares na súa liña Nintendo Selects, como Super Paper Mario,Mario Party 8 ou Wii Resort.

xbox-360-hd-wallpaper
Segundo publicou Rob Crossley (editor de ComputerandVideogames.com) na súa conta de Twitter, o vindeiro 26 de abril é a data escollida por Microsoft para presentar a por agora coñecida como Xbox 720 / Durango

project-cars
Slightly Mad Studios anunciou que o tan agardado simulador de carreiras Project CARS sairá ao mercado o vindeiro Día de Acción de Grazas: 28 de novembro. Project CARS é un simulador de carreiras creado por unha grande comunidade de usuarios e estará dispoñible en PC, PlayStation 3, Xbox 360 e Wii U.

Éste foi o anuncio que fixo o estudio na súa páxina de Facebook:

Dunha vez por todas: a versión “oficial” do xogo (en todas as plataformas) está previsto para Acción de Grazas … polo momento …

Máis información na páxina oficial.

GTA V sairá o 17 de setembro

Por: Xoves, 31 de Xaneiro de 2013, 18:33 1 COMENTARIO

Por fin Rockstar anunciou a data de saída do seu xogo estrela, así, o esperadísimo Grand Theft Auto V chegará ás tendas de todo o mundo o 17 de setembro.

Como sabemos, os rumores apuntaban que esta quinta entrega sairía en maio, máis segundo as palabras de Rockstar:

Sabemos que isto é catro meses máis tarde do orixinalmente previsto, e sabemos que este tipo de retraso será una gran decepción para moitos de vós, pero creédenos que merecerá a pena o tempo extra de espera.

Así que xa sabedes, está confirmado oficialmente, a quinta entrega dunha das sagas máis exitosas do mercado chegará o 17 de setembro. Paciencia.

Data de saída de “Soul Sacrifice”

Por: Mércores, 30 de Xaneiro de 2013, 15:51 COMENTAR

Aos poucos a PS Vita vai medrando no seu catálogo, moi aos pouquiños a verdade. Pero hoxe sabemos cando sairá á venda Soul Sacrifice, o último proxecto de Keiji Inafume (crador de Megaman, entre outros).

Soul Sacrifice será un xogo “brutal” segundo teñen catalogado os seus creadores. E non só porque poidamos arrincar a columna vertebral para empregala como arma, senón que o sangue e os monstros infernais estarán presentes durante todo o videoxogo.

Para aumentar a variedade, os desenvolvedores confirmaron que tamén haberá maxias e inimigos de gran tamaño.

Deste xeito, o 1 de maio poderemos ver como evolucionou este videoxogo, aínda que o apartado técnico continúe sen me convencer.

Ni No Kuni retrasado unha semana

Por: Mércores, 9 de Xaneiro de 2013, 13:24 COMENTAR

Namco Bandai vén de anunciar que o seu esperadísimo xogo Ni No Kuni: A Ira da Bruxa Branca será retrasado unha semana debido a problemas loxísticos no mercado europeo.

Deste xeito teremos que agardar até o día un de febreiro a probar este fermoso título de Level 5, o que nos ofrece unha garantía segura de calidade.

A compañía comunicou que para compensar este retraso ofrecerá un pequeno obsequio dixital que se poderá descargar o día do seu lanzamento.

Se recordamos Ni No Kuni será un RPG con impresionantes animacións empregando o motor gráfico Cell Shading reproducindo animacións en tempo real de alta calidade e sumerxíndonos nun mundo máxico á procura de recuperar a nai do protagonista.

Contando os días que faltan.

Wii Mini confirmada oficialmente

Por: Martes, 27 de Novembro de 2012, 17:37 3 COMENTARIOS

Xa facía unha semanas que viñan correndo os rumores de que Nintendo relanzaría unha nova versión da súa consola Nintendo Wii, pois ben, acábase de facer oficial, aínda que curiosamente polo de momento só sairá no territorio Canadiense o próximo 7 de decembro.

Outro dos factores que chaman atención, ademáis do seu rápido lanzamento, será o seu prezo, uns 99,99 dólares que ao cambio serían uns 77 euros, aínda que de chegar aquí case seguro que farían o típico 1€ igual a 1$.

Obviamente Wii Mini terá un tamaño máis reducido aínda que non terá opcións de internet nin retrocompatibilidade cos xogos da Game Cube, pero supoño que non serán factores moi negativos ao ver o seu prezo.

De momento non hai confirmación de chegada ao resto do mundo algo que non me entra na cabeza, pero se o lanzamento sae dese territorio será un reclamo moi bo para todos aqueles que aínda se queren manter nesta xeración.

Ler o resto da entrada »

Darksiders 2 sairá o 29 de xuño

Por: Mércores, 15 de Febreiro de 2012, 12:38 COMENTAR

As redes sociais son o medio para que moitas novas saian á luz sen necesidade de rodas de prensa nin similares, deste xeito os responsábeis da segunda entrega de Darkasiders anunciaron vía twiter que a data de lanzamento será o 26 de xuño no territorio americano e o 29 de xuño no territorio europeo.

Así, despois de moita demora por fin sabemos oficialmente a data de lanzamento de Darksiders 2, un xogo que gañou moitos seguidores grazas á inesperada primeira entrega.

Podedes ver o análise deste primeiro xogo dos xinetes aquí.

Data de lanzamento en Europa de PS Vita

Por: Mércores, 19 de Outubro de 2011, 11:36 COMENTAR

No país nipón xa existiron enormes colas de persoas só para reservar a próxima portábel de SONY, PS Vita, porque o 17 de decembro poderán probar en primeira persoa esta nova máquina.

Nipóns agardando para reservar a PS Vita

Aquí teremos que esperar uns meses máis para que chegue ás tendas Europeas a PS Vita, concretamente até o 22 de febreiro de 2012, e continúa co mesmo prezo, 250€ a edición sen 3G e 300€ con 3G adicional.

Non comprendo ben esta data, xa que se perden a campaña do Nadal, algo que lle viña moi ben para competir coa 3DS, que nesta etapa aterrarán grandes xogos para ela, cousa que sen dúbida aumentará as ventas da portábel de Nintendo.

Veremos se a potencia desta consola é suficiente como para que o seu lanzamento sexa máis afortunado que a 3DS.

PS Vita vai para comezos de 2012

Por: Xoves, 4 de Agosto de 2011, 14:11 1 COMENTARIO

Tanto ten o que dixese un amigo dun coñecido que sabía dun colega dun tipo que traballa para a Sony. Todo falacias (non confundir con felacións). Acaba de falar Kazuo Hirai, principal responsábel da Sony Computer Entertainment e, segundo as súas palabras, a próxima e nova portábel non chegará até principios de 2012.

Polo de agora os rumores situaban a saída da PS Vita para outubro deste mesmo ano, pero nada. A finais do ano vai chegar, claro que vai chegar, mais a terras niponas. Entrementres os europeos teremos que esperar até principios de 2012 (aínda non hai data concreta).

Tamén mencionou que a enorme baixada de prezo da súa competidora, a Nintendo 3DS, non ha de influir para nada nos seus planoos futuros. A PS Vita sen 3G a 249€ e con 3G, a 299€ continúan a ser prezos competitivos no mercado.

A propósito, a escusa que puxo Kazuo Hirai para este retraso en Europa foi que pretendía sacar a consola nun lanzamento con bo catálogo de videoxogos. E ben seguro que se é certo había de ser un grande paso pola súa parte.