Así serían na realidade as Espadas do Caos de Kratos, coas que matou até os deuses máis poderosos
(Vía: Svalt)
(Vía: Videogamenostalgia)
Así está Kratos no próximo Mortal Kombat
Xa sabiamos que Kratos estaría no novo Mortal Kombat pero non sabiamos como ía ser o resultado. Agora temos un gameplay no que nos amosa o xenial transporte que fixeron dende o God of War ao Mortal Kombat.
Non hai dúbida que Kratos mantén toda a súa esencia, tanto a nivel “destroyer” como a nivel gráfico. Como contraposición dicir que só estará dispoñíbel para a versión de PS3, polo tanto, todos aqueles que teñen unha consola de Microsoft terán que quedarse coas ganas.
Sen dúbida é un gran aliciente para todos aqueles usuarios de Playstation 3 controlar a Kratos nun xogo destas características, pero para que vexades que realmente ten boa pinta aquí vos deixo o vídeo, que fala por si só.