O novo xogo de Kirby para Wii U, Kirby and the Rainbow Paintbrush (coñecido en España como Kirby y el Pincel Arcoíris), que xa están a desfrutar nos EUA desde febreiro, estaba anunciado para Europa para a segunda metade do 2015. Por fortuna para os fans da personaxe rosa de Nintendo, o videoxogo sairá á venda en Europa o 8 de maio, segundo confirmou Nintendo Europa.

Kirby y el Pincel Arcoíris

Kirby y el Pincel Arcoíris

Neste xogo do xénero plataformas temos que debuxar liñas no GamePad para poder guiar a Kirby pola fase,  e se temos wiimotes, até tres amigos poderan unirse á partida e axudar a acabar cos inemigos. Este xogo tamén será compatíbel cos amiibo de Kirby, Meta Kinght e Rei Dedede da serie de amiibos do Smash Bros, que dotarán de novos ataques ou ataques máis fortes segundo o amiibo que conectes ao videoxogo.

Cunha puntuación dun 76/100 en Metacritic, este exclusivo de Wii U, non parece un xogo imprescindíbel aínda que si que lle da un toque distinto aos plataformas que haberá que ter en conta.