Killzone-Shadow-Fall

Guerrila Games chegaron á boca de todo o plante grazas a un nome, Killzone. Dende que a primeira entrega aterrara na PS2 a saga non parou de evolucionar para ofrecernos guerras frenéticas e futuristas.

Pois ben, parece que Guerrilla non quere cerrar portas na inminente nova xeración (si, excluín á Wii U), e o deseñador gráfico, Eric Boltjes, comentou que parte do equipo xa está a traballar nunha nova IP diferente a Killzone:

Como estudo queremos diversificar a nosa actividade, e comezamos a trballar nunha nova IP, algo completamente diferente a Killzone. Non quero dicir nada ao respecto neste momento, pero queremos facer algo fresco.

Agardaremos nova información deste novo xogo.

A vós que vos parece este cambio de rumbo na compañía?

killzone mercenary
A compañía Sony confirmou que a beta aberta de «Killzone Mercenary» para a súa videoconsola portátil, a PS Vita, estará dispoñible para os usuarios cunha conta Plus de PlayStation Network a partir do vindeiro 21 de agosto, mentres que o resto de usuarios terá que agardar ao 28 de agosto para poder desfrutala.

Esta versión beta do xogo estará dispoñible ata o 3 de setembro, xusto un día antes do lanzamento oficial da versión completa do xogo.

Dende finais do mes pasado, certos usuarios elixidos entre os que se apuntaron para a proba, xa están a desfrutar dunha versión beta pechada do xogo.

killzone-shadow-fall
Sony acaba de anunciar que os usuarios que fagan a reserva da exclusiva de PS4 «Killzone: Shadow Fall» recibirán como premio o paquete Shadow Pack, que incluirá:

  • Skin OWL: Dalle ao teu OWL unha apariencia única con estes skins exclusivos. Quen dixo que os drons de combate non poden ter a súa propia personalidade?
  • Movemento multixogador “Spotlight”: Celebra os teus triunfos sobre os xogadores inimigos no modo multixogador dun xeito único con este movemento especial de victoria.
  • Banda sonora oficial: Escoita a partitura cinematográfica de “Killzone: Shadow Fall”, que trae os dous lados do conflito á vida como nunca antes.

Por outra banda, onte fíxose público un vídeo de case 9 minutos de duración dunha demo que estivo dispoñible durante o pasado E3

Está previsto que esté dispoñible no momento do lanzamento da PlayStation 4, aínda sen confirmar.

Gameplay de “Killzone: Mercenary”

Por: Xoves, 31 de Xaneiro de 2013, 10:44 COMENTAR

Como dixen onte, parece que a PS Vita comeza a resucitar lentamente, e un exemplo máis é o lanzamento do gameplay de Killzone: Mercenary para a portábel de Sony que a verdade, deixa moi bo sabor de boca.

Tendo en conta que os últimos FPS non foron alá moi correctos, recordemos Resistance e Call of Duty, este parece que si que vai estar á altura da portábel.

Un nivel gráfico moi bo, naves espaciais, ataques corpo a corpo, gran variedade de armas e todo isto nuns escenarios cheos de cousas e que non deixan de moverse. Promete.

O título poñeranos na pel nun grupo de mercenarios que realizará misións tanto para o bando ISA como Helghast e no que destacará o multixogador.

Polo de momento a esperar tocan,xa que até o 18 de setembro non chegará ás tendas.