Segundo tráiler de Killer is Dead

Por: Martes, 2 de Abril de 2013, 16:01 COMENTAR

Cada vez máis esaxerado, cada vez máis tolo e cada vez con mellor pinta, así é Killer is Dead, o próximo título sen data oficial de Suda 51.

Eis o primeiro tráiler de Killer is Dead

Por: Venres, 18 de Xaneiro de 2013, 15:53 COMENTAR

Hai uns días adiantabamos que o famoso e irreverente Suda 51 estaba a traballar nun novo proxecto que tiña como nome Killer is Dead.

Pois ben, hoxe podemos ver o primeiro tráiler do mencionado videoxogo. E a verdade, a velocidade nos combates e a súa ambientación con toques sanguinarios, xunto ao seu apartado técnico que recorda a No More Heroes, tráenos unha boa sensación.

O resultado dependerá do seu control e da súa forma de xogar.

O título sairá no verán no país nipón, aquí aínda non temos datas confirmadas. Estaremos atentos.

O aclamado pola crítica Suda 51 polos seus videoxogos Killer 7 e No More Heroes, volverá ao panorama con Killer is Dead, no que controlaremos a un cazador de asasinos con implantes cibernéticos que lle permitirá realizar accións imposíbeis para calquera outro humano.

Como xa é habitual en Suda 51 non faltará a espada como método de defensa, aínda que amplía as posibilidades cun brazo armado capaz de se transformar noutras armas, o que engadirá variedade ao título.

Parece que a ambientación beberá directamente de No More Heroes, aínda que como dixo o seu propio creador, queren afastarse do simple copia e pega, polo que existirá un forte contraste visual e un sistema de combate corpo a corpo de alta velocidade, así como un aspecto visual máis escuro e sanguinario.

En Occidente aínda non hai data de lanzamento, aínda que no país nipón poderán botarlle a man este mesmo verán.

Seguiremos informando.