Cando sairá?

Como saberedes, unha das boas novas que recibimos no descafeinado E3 deste ano foi que Konami lanzaría os seus videoxogos de Metal Gears Solid en alta definición.

Até aquí todo ben, mais o problema surxe no grande atraso (aínda que sexa un rumor) que acaba de sufrir estes días. Teoricamente esta recompilación ía saír en novembro, e agora parece ser que teremos que esperar até o segundo trimestre de 2012.

Que está a acontecer con este proxecto? Porque Konami aínda non se pronunciou ao respecto ante un atraso tan enorme. Non sei, non sei, mais non creo que sexa moi bo isto… (por moi lóxico que pareza).

Continuaremos a informar sobre esta colección e veremos como remata.