O creador de Okami, Bayonneta ou Devil May Cry fixo unhas declaracións á revista Famitsu falando sobre as súas ideas para futuros videoxogos.
Así declarou que lle gustaría volver a desenvolver un videoxogo no mundo de Viewtiful Joe, un dos seus últimos traballos antes de fundar a famosa Platinum Games.
Aínda así, Kamiya non descarta continuar coa serie Bayonneta, que a súa primeira entrega resultou ser toda unha sorpresa, sobre todo para aqueles que desfrutamos deste estilo de videoxogo.