Escuadrón Kilo de Gears of War:Judgment

Por: Mércores, 13 de Marzo de 2013, 15:36 COMENTAR

A pouco máis dunha semaniña para lanzamento de Gears of War:Judgment, Epic Games quere presentarnos ao escuadrón Kilo, e aínda que a estas alturas xa os coñezamos medianamente, nunca está de máis velos en acción.

A nova arma de Gears of War:Judgment

Por: Xoves, 7 de Marzo de 2013, 10:48 COMENTAR

A pouquiño de que se estree a nova entrega de Gears of War, preséntannos unha nova arma, a bésta que nos permitirá eliminar inimigos de maneira espectacular.

Normalmente non acostumo poñer datas de saída de videoxogos porque os retrasos están á orde do día, pero estamos a falar de Gears of War: Judgment, a nova entrega de Gears of War que nos poñerán á fronte do escuadrón Delta liderado polo simpático Baird.

Deste xeito como gran seguidor desta saga non podo deixar pasar por alto a data de saída desta cuarta entrega dunha saga que xa será recordada.

Así, o 19 de marzo teremos en todas as tendas esta precuela da triloxía orixinal.

Estará á altura?, simplemente se aproveitará do título?, a ver Epic Games con que nos sorprende.