Nunha nova estratexia para aumentar aínda máis os ingresos, Epic Games anunciou onte que os xogadores que merquen o pase VIP de tempada obterán unha bonificación permanente de dobre experiencia no multixogador online da nova entrega da saga Gears of War, que sairá á venda o vindeiro 22 de marzo en Europa.
Este pase de tempada conterá 6 mapas multixogador, dous novos modos de xogo, 9 desbloqueables “exclusivos” e 4 skins para as armas e custará uns 1600 Microsoft Points (uns 15 Euros).
Por outra banda Epic Games tamén anunciou que a revista masculina Maxim patrocinará (dun modo similar a como xa fixera Discovery Channel na primeira entrega do Gears of War) un paquete cos mapas Capitol e Haven, así como o modo Execución, que estarán dispoñibles para descargar gratuitamente a partir do vindeiro 2 de abril.