ps4-xboxone
Tal como comentou nunha entrevista James Armstrong, conselleiro delegado de PlayStation en España e Portugal, a nova PlayStation 4 gáñalle a partida á súa consola rival Xbox One por 3,5 a 1 en vendas no mercado español, a pesar de levar 7 días menos no mercado.

Dende o seu lanzamento o pasado 29 de novembro, lévanse vendidas 80.000 unidades de PlayStation 4 en España. Se os datos son certos (haberá que ver que ten que dicir Microsoft…), un simple cálculo dinos que a Xbox One leva unhas 23.000 unidades vendidas.

Pero Armstrong tamén confirmou que seguen a traballar duro para cumprir coa demanda inical, pois entre 12.000 e 15.000 prevendas aínda non puideron ser cubertas.