nintendo-logo

Soturo Iwata, despois da reunión que tivo cos accionistas da compañía e debatir sobre o futuro de Nintendo, anunciou que traballa nunha nova plataforma dedicada ao deporte e “calidade de vida”, recordando claramente a Wii Fit.

Nos próximos anos, Nintendo creará unha nova plataforma que será independente das plataformas de videoxogos existentes. Este novo negocio ten que ver coa “calidade de vida” e centrarase na saúde en primeiro lugar. Isto apóiase na historia de Nintendo, que nun pasado creou experiencias de entretemento interesantes e fóra do tradicional.

Aínda non anunciaron cando sairía esta nova plataforma, mais queren poñela nas tendas entre abril de 2015 e marzo de 2016.

nintendo-new-logo

Nintendo, esa gran compañía de videoxogos está a celebrar o trinta aniversario do lanzamento da xa clásica Nintendo NES, e a pesar dos anos aínda está no mercado actual sacando novas plataformas.

Mais con todo isto, todo parece indicar que coa súa Wii U non está a ter o éxito que tivo a súa predecesora, aínda que para soltar un lampexo de luz acerca do tema, o presidente de Nintendo, Satoru Iwata, foi moi claro nas súas palabras:

Con trinta anos no negocio dos videoxogos, non creo que estemos sufrindo.

Comprendo que Nintendo ten o suficiente poder como para afrontar etapas de “vacas fracas”, mais canto tempo poden soster esta situación? Remataralle reultando exitosa a súa estratexia de centrarse unicamente nas súas sagas e na súa consola sabendo que diversas desenvolvedores xa lle deron as costas?

O presidente da Nintendo, Saturo Iwata volveuse pór ao dispor da prensa para resolver dúbidas. Nesta ocasión volveu reafirmarse no que xa dixo anteriormente e ninguén creu: Que a Wii U sería unha consola que recuperaría a confianza perdida polos xogadores máis tradicionais.

Como saberedes, mesmo o creador de Mario e Zelda (Shigeru Miyamoto) recoñeceu que a Wii foi vendida para xogadores “casual”. O feito de deixar atrás a alta definición e un apoio a videoxogos máis sinxelos, chafalleiros, ruíns, ou cantos sinónimos queirades, non axudou demasiado.

Deste xeito, a idea Iwata será volver captar a atención de todos aqueles que medramos coa NES, pasamos centos de horas coa SNES e ficamos medio choscos coa Nintendo 64. Ou por dicilo doutra maneira, de captar a atención de todos aqueles xogadores que fixeron da Nintendo o que é hoxe en día.

Por un lado encántame escoitar estas palabras, mais teño tanta fe nelas como en que me toque a lotaría do Natal (e quero deixar patente que non xogo a ela). De todos os xeitos, vamos deixar pasar un tempo a adaptarse á consola, que se ha de pór á venda en 2012.

3DS mestura caras

Por: Martes, 5 de Outubro de 2010, 11:11 COMENTAR

Pois aquí outra das tantas habilidades que terá a próxima portábel de Nintendo coa súa cámara 3D, e para demostralo, os dous grandes cabecillas de Nintendo (Miyamoto e Iwata) deixáronse utilizar para o experimento.

O resultado? a continuación,pero eu xa estou pensando noutros temas máis simpáticos.

Qué pasaría se puxesen ante a cámara un can e unha persoa?