Liberan o código fonte de Canabalt

Por: Martes, 4 de Xaneiro de 2011, 12:33 COMENTAR

Canabalt é un deses xogos que cunha estratexia xogábel sinxela engancha cousa mala, e os seus desenroladores Semi Secret Software parece que traen a bondade nestas datas, porque non só recaudaron máis de 25.000 dólares para a ONG Child´s Play vendendo os seus xogos de Iphone nunha oferta de Nadal , se non que agora liberan o código fonte de Canabalt, como xa dixen anteriormente, un dos xogos flash máis entretidos.
Se queredes (e debedes), podedes descargar o xogo enteiro nesta páxina e botarvos unhas viciadas que sen dúbida o faredes.
Non deixedes pasar esta oportunidade.

Análise de Plantas vs Zombies

Por: Sábado, 18 de Decembro de 2010, 21:51 6 COMENTARIOS

Comezarei analizando o primeiro videoxogo para ipod touch/iphone neste páxina, cun título que engancha dende o primeiro instante que o probas, tanto por apartado técnico como por diversión acumulada, dito título é Plantas vs Zombies.
Con este singular título xa podemos intuír que estamos ante un xogo desenfadado que ten un só propósito, divertir.
Plantas vs Zombies é un xogo de estratexia de defensa, é dicir, teremos que impedir que os nosos inimigos cheguen a un determinado lugar. Neste caso nós colleremos o mando das plantas e deberemos impedir que os zombies entren na nosa casa. Deste xeito teremos ata cerca de cincuenta tipos de plantas diferentes, cada unha coa súa característica propia que teremos que saber distribuír ao longo do escenario para impedir que os zombies consigan o seu propósito. Por suposto existe unha limitación, as plantas necesitan raios de luz para funcionar, así que ata que non acadamos un determinado número de raios de sol (bolas amarelas que aparecen no escenario de pouco en pouco e que teremos que tocar co dedo) non poderemos empregar dita planta.

Temos plantas que disparan, que crean as súas propias bolas amarelas, que frean aos zombies,que se destrúen cando alguén pasa por enriba delas, que conxelan o tempo, etc, etc, como xa dixen, case cincuenta tipos de plantas que lle dan moitísima variedade ao tema.
Por suposto non as poderás usar todas, xa que antes de comezar cada nivel debemos facer unha selección das que nos parece que máis nos van axudar e se a isto lle engadimos que o escenario está dividido en cuadrículas, limitando así os nosos movementos, deberemos pensar moi ben que plantas vamos utilizar.
Unha vez que xa temos seleccionado todas as plantas que iremos utilizar, comeza a batalla pola supervivencia. Tan pronto comezamos, dannos a posibilidade de empregar só unha das plantas de menor rango, despois xa teremos que acumular bolas de luz para usar o resto. Os zombies comezan a avanzar cara nós e deberemos ir seleccionando planta por planta para destruílos antes de que cheguen ao fin do escenario.
Como non podía ser doutra forma, tamén existe unha gran diversidade de zombies que nos poñerán as cousas máis difíciles, existen zombies que saltan unha cuadrículas, zombies resistentes, zombies motorizados… como vedes a variedade é enorme. Esta gran variedade fai que o xogo non aburra en ningún momento, pero se vos parece que isto vai ocorrer tamén deberedes saber que existen minixogos entre fase e fase que alteran un chisco a corrente do título. Normalmente son minixogos moi sinxelos que non supoñen reto ningún, matar a zombies co dedo ou unha especie de bolos contra zombies. Pero de todas maneiras sempre se agradece que haxa este tipo de acción para que fuxa a monotonía.

Pero aquí comezamos cos problemas, xa que esta gran variedade non a souberon implementar nos escenarios, porque os só cinco tipo de escenarios que atopamos no xogo non son suficientes para un videoxogo destas características. E este detalle inflúe moi directamente na súa duración, porque tan poucos escenarios fan que non che dea tempo a desfrutar ao cen por cen do título, tanto, que pasarás o xogo sen empregar todas as plantas que tes a túa disposición. Así, a relación entre variedade de zombies e escenarios non está á altura do resto de apartados deste xogo. Ademais tampouco favorece nada o sinxelo que é o xogo. Normalmente os xogos de defensa son títulos complexos, pero neste caso case nunca te trabarás en ningunha situación, e se perdes dunha vez, abonda con facer unha mellor selección de plantas para levar a cabo a misión.
Pero deixando a un lado estes pequenos inconvenientes, hai que dicir que o xogo entre principalmente polos ollos. Os gráficos están moi coidados, pero sen dúbida o mellor de todo son as expresións dos protagonistas, tanto das plantas como dos zombies. Está claro que Plantas vs Zombies é un xogo de humor, e ver a un zombie cun caldeiro na cabeza mentras come unha pataca xigante que lle vai cambiando a expresión da cara cada vez que aumentan as súas posibilidades de ser eliminado é impagábel, asegúrovolo. E coma esta existen moias situación semellantes que faranvos rir en máis dunha ocasión.
En conclusión dicir que estamos ante un xogo que calquera que teña unha destas plataformas debería xogar, cun apartado visual moi bo, unha gran variedade de personaxes e unha capacidade de diversión espectacular.É certo que ten algún que outro erro, pero todos eles débense perdoar (en certo modo) pola calidade final deste Plantas vs Zombies.