Epic-games-Banner

A famosa compañía Epic Games, pais da saga Gears of War, xa están traballando de cheo na próxima xeración de consolas, sabémolo a través dunha serie anuncios de postos de traballo do propio estudo que busca persoal cualificado.

Entre estes anuncios destaca un:

Búscase un artista técnico para traballar en novas IPs e outras xa existentes a través de múltiples plataformas. No traballo deberán solventar as incidencias máis completas que surxirán cando levemos a tecnoloxía ao límite. Tamén deberán traballar en prototipos para a próxima xeración.

O segundo anuncio é máis esclarecedor:

Búscase un deseñador de sistemas para traballar nun xogo de acción competitivo online non anunciado, no cal existirá unha progresión do personaxe, unha forte presenza de ítems e unha economía dinámica.